Partido Popular de Lugo

Elena Candia considera que co proxecto para A Residencia “os Gobernos do PP fan historia en Lugo”

LUGO, 20 de xullo de 2017.- A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, manifesta, “máis como veciña que como membro dun partido político”, a súa satisfacción ante o proxecto presentado conxuntamente no día de onte polo presidente da Xunta de Galicia, a ministra de Traballo, o conselleiro de Facenda e o delegado territorial, Alberto Núñez Feijóo, Fátima Báñez, Valeriano Martínez e José Manuel Balseiro, respectivamente; e que permitirá “dinamizar e reactivar socioeconomicamente” o barrio de A Residencia. E é que para a dirixente provincial, coa iniciativa dada a coñecer perante a cidadanía lucense, “os Gobernos do PP fan historia en Lugo”. “Temos que pensar que esta era unha iniciativa moi demandada e necesaria. Como dixo o presidente, existe o crédito para facela e existe vontade política e compromiso tamén para facela”, destaca.

 

“Onte, sen lugar a dúbidas, foi un día grande para a cidade de Lugo e, por extensión, para a provincia. Demostrouse publicamente que a Xunta de Galicia e o Goberno Central teñen un compromiso inversor claro cos lucenses, e que a palabra dada hai algunhas semanas se convertirá proximamente en feitos e que as reunións que mantivemos hai tempo dan os seus froitos”. E é que, a presidenta provincial, foi tamén unha das persoas, xunto con outros cargos políticos do Partido e cunha importante representación en distintas institucións como poden ser o conselleiro de Facenda ou o voceiro desta formación política no Senado, José Manuel Barreiro, trasladaron aos distintos Gobernos en diversas reunións a necesidade de “dar unha resposta ás demandas manifestadas dende hai algún tempo polos lucenses”. Concretamente, e como exemplo disto, as persoas sinaladas abordaran este asunto nunha reunión celebrada hai aproximadamente tres meses.

 

Lugo evoluciona”

A este respecto, indica que, “é unha satisfacción comprobar como Lugo evoluciona e, o que é máis importante, que, pouco a pouco, non estamos convertendo nun lugar con dotacións e servizos amplos e un lugar con oportunidades económicas”. Neste senso, agradece publicamente “este compromiso”, pois contribúe, indica, “a situar a Lugo e á nosa provincia nun lugar privilexiado do mapa sanitario español; cuestión da que os lucenses son e somos os grandes beneficiarios”.

 

Con todo, e lonxe de amosarse triunfalista, asegura que,“dende o PP de Lugo, tal e como fixemos ata o de agora, non baixaremos a garda para que este proxecto, que transformará este barrio e a cidade, continúe o seu desenvolvemento”.

 

Deste xeito, e xa para rematar, a presidenta, parafraseando ao poeta inglés Samuel Johnson, sinala: “as grandes obras non están feitas coa forza, senón coa perseverancia, e no PP fomos perseverantes para que hoxe todos os lucenses saiban que este proxecto será unha realidade máis pronto que tarde”.

 

Descargar audio