RIBADEO, 14 de xullo de 2017.- Os deputados no Parlamento de Galicia e no Congreso, Daniel Vega e Jaime de Olano, respectivamente, puxeron en valor este venres en Ribadeo o investimento que está a levar a cabo a Xunta de Galicia e o Goberno Central neste municipio que, no último ano, supera os 7 millóns de euros. Os populares fixeron esta valoración durante a xuntanza que mantiveron a última hora da tarde de hoxe coa afiliación desta localidade, e que se enmarca dentro da rolda de encontros que están a ter os dous representantes nas Cámaras galega e Baixa con simpatizantes de A Mariña.
Concretamente, os deputados subliñaron o compromiso asumido polos Gobernos de Feijóo e de Rajoy para mellorar “a calidade de vida dos ribadenses”, e que se traduce en actuacións “extraordinariamente necesarias para este Concello”, como é a mellora da liña ferroviaria Ferrol-Ribadeo, que conta cun orzamento de 4 millóns de euros e está destinado ao reforzo do persoal e do material rodante con máis maquinistas e dous trens a maiores este mesmo verán. Asemade, no marco desta actuación, levaranse a cabo obras de acondicionamento en 12 estacións de cercanías, así como a rehabilitación de cubertas, marquesiñas, e se incrementará a seguridade nas plataformas de viaxeiros e a accesibilidade ao servizo.
Por outra banda, a Xunta de Galicia, nos últimos meses, destinou máis de 3,2 millóns de euros á dotación de servizos básicos e necesarios para os cidadáns; á mellora de centros educativos e dos servizos sociais; á fixación no rural, coas axudas da PAC e as destinadas á incorporación de mozos ás explotacións gandeiras; ou á creación de postos de traballo coa contratación de socorristas, de persoal para a oficina de turismo ou á concesión do obradoiro de emprego.
“Sen dúbida, indicaron Olano e Vega, cremos que o compromiso dos Gobernos do PP con este municipio é máis que constatable. Son actuacións todas elas, coas que se impulsan, infraestruturas importantes e o tecido socioeconómico do municipio; o que permitirá reactivar a economía local”, apuntaron.
Actuacións máis destacadas
Concretamente, ademais da liña Ferrol-Ribadeo, o deglose dos investimentos máis relevantes no último exercicio son seguintes: axudas da PAC (2.041.539 euros); axudas para a incorporación de mozos ao rural (80.000 euros) e para as pequenas explotacións (15.000 euros); RISGA (10 contratos): 91.226 €; SAF (200.000 euros); obradoiro de emprego (143.000 euros); servizo de control/vixilancia plan conservación Praia das Catedrais (197.000 euros); Plan Marco (59.900 euros); saneamento Alza-Cemiterio (60.300 euros); obras no centro sociocomunitario (31.800 euros); obras no CEIP Gregorio Sanz (26.400 euros); contratación dun orientador laboral: 22.500 €; programa de apoio aos centros de información ás mulleres: 30.600 € (concellos agrupados: Barreiros, A Pontenova e Trabada); subvencións a proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos por concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos: 43.200 €;
Escoita activa
Con esta xuntanza, os populares proseguiron a rolda de xuntanzas coa afiliación mariñana, e a través das que se pretende escoitar a simpatizantes e á cidadanía en xeral, así como levar as súas propostas alá onde o Partido Popular ten representación política e institucional. Previamente, os dous deputados tamén mantiveron un encontro coa afiliación de Viveiro e de O Vicedo, así como coas confrarías dos portos de Burela e Celeiro, con ABSA e APP de Burela, ademais de cos representantes de Cáritas Diocesanas en Viveiro e Ribadeo.