Partido Popular de Lugo

Santiago Cubillas subliña que o alcalde “non só non se entera, senón que minte” cando fala da inversión da Xunta de Galicia en Láncara

LÁNCARA, 8 de xullo de 2017.- O voceiro do PP en Láncara, Santiago Cubillas, subliña que o alcalde “non non só non se entera, senón que minte” cando fala da inversión da Xunta de Galicia neste municipio. O popular sae así ao paso das declaracións do rexedor, nas que rebaixa a a contía que o Goberno galego destina a distintas actuacións neste municipio.

 

Concretamente, o Executivo de Feijóo dedica 600.000 euros á senda ciclista e á mellora da travesía de Láncara e outras estradas; 900.000 á concertación de prazas na residencia da terceira idade; e prevé outros 600.000 para a mellora doutras dotacións e servizos municipais. En total, 2,1 millóns de euros,, converténdose así na administración que máis fondos emprega neste municipio.

 

“Non sabemos que contas fai, porque ademais habería que contar os fondos destinados, por exemplo, polo consellería de Medio Rural para a incorporación de mozos. Tanto quixo dicir que ao final se equivoca por partida dobre: primeiro, a Xunta non gasta só 948.000 euros euros en Láncara, que gasta máis de 2 millóns, e, segundo, se tomamos como referencia a cifra que dá e lle sumamos as que obvia, é dicir, os 600.000 previstos e os 900.000 euros das prazas concertadas, resulta que a inversión supera o investimento cifrado pola propia administración autonómica. Realmente o despropósito é de tal calibre que, co que di, o que queda mal e en evidencia é el”, subliña.

 

Alcalde desinformado

Por outra banda, o voceiro do PP recoñece estar “sorprendido” ante a valoración que o responsable local fai da comida mantida co delegado territorial e empresario local, “pois non temos nada que esconder e só faltaba que no dixese o Sr. Darío con quen nos temos que reunir”.

 

Por este motivo, Santiago Cubillas recoméndalle ao alcalde “que se informe primeiro do que vai dicir porque cando un non ten toda a información, a veces, o remedio é peor que a enfermidade”. Deste xeito, considera que ao rexedor “se lle viu o plumeiro e que, mal que lle pese, a Xunta de Galicia traballa e, ademais, faino con seriedade e pensando nos lancarases”.

 

A este respecto, suxírelle que, “para a próxima ocasión que queira sair publicamente, mire ben antes o que vai dicir porque unha crítica sen fundamento o que demostra é que igual o que lle molesta é que os Gobernos do Partido Popular saben xestionar e, ademais, o fan con rigor e responsabilidade”.