Partido Popular de Lugo

O PP de Lourenzá denuncia “o estado deplorable” no que o Concello mantén as pistas municipais

LOURENZÁ, 6 de xullo de 2017.- O PP de Lourenzá denuncia “o estado deplorable” no que o Concello mantén as pistas de titularidade municipal. E é que, segundo indican, practicamente todos os viais que xestiona a entidade local “teñen tanta maleza que incluso se fai difícil a circulación polos mesmos”, afirman. “E os poucos que limpan, fano facéndolles un lavado de cara dos bordes da calzada deixando balados e cunetas en nefasto estado”, sinalan.

 

“O Concello é o responsable directo de manter en perfecto estado todos os camiños e pistas, e non se pode consentir o estado salvático no que se atopan a maioría dos accesos das parroquias, incluídas as vías principais do municipio, máxime cando, por primeira vez, dispoñen dun tractor 365 días ao ano para este traballo”, lembran os populares que, ata o ano pasado, este vehículo era compartido os meses alternos con Trabada.

 

E é que este abandono tamén se pode apreciar nas franxas de seguridade das vivendas illadas e dos núcleos de poboación. Neste senso, critican a falla de xestión por parte do Goberno local facer cumprir a Lei de prevención de incendios forestais e a ordenanza que deixara aprobada o anterior goberno que obrigaba a manter os núcleos rurais libres de vexetación nunha franxa de seguridade sendo os concellos responsables subsidiarios de que se cumpra. “Ademais somos coñecedores de que hai veciños que presentaron a súa denuncia no Concello e, a día de hoxe, está sen tramitar porque a nosa alcaldesa fai oídos xordos ante este problema e prefire o amiguismo clientelar a cumprir co seu deber e actuar”, matizan.

 

Queixa unánime

“É unha queixa simultánea e unánime en todas as parroquias”, afirman. É por elo que a proliferación de maleza trae de cabeza aos cidadáns. Invade o acceso a pistas, así como o escaso espazo dalgunhas beiravías e ata encarama nalgunha vivenda. A vexetación, nalgúns casos, tamén dificulta a visión na circulación. Algo tamén preocupante é o estado no que se atopan diversas áreas públicas e, sobre todo, as distintas fontes e lavadoiros que hai espallados polo municipio. ”Trátase, por tanto, dun “pasotismo exacerbado” por parte dos responsables locais. “É unha vergoña. Non hai mantemento”, conclúen os populares.

É por este motivo polo que no último Pleno este Grupo pediu á alcaldesa polos traballos de desbroce sen obter resposta por parte do Goberno.