LUGO, 3 de xullo de 2017.- O voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, acompañado do deputado no Congreso, Jaime de Olano, e dos senadores, Gerardo Criado, Fernando Carlos Rodríguez e Dámaso López, coincidindo co cumprimento do primeiro ano do novo mandato de Mariano Rajoy á fronte do Goberno Central, que “as cifras demostran que a política económica do Goberno é a apropiada para Lugo, Galicia e o conxunto do país. É a lexislatura do reactivación e da creación do emprego”.
O popular fixo esta valoración logo de explicar que as medidas levadas a cabo polo Executivo do PP neste eido fixeron posible que no último ano a provincia conte con máis de 1.500 afiliados máis á Seguridade Social e case 5.000 máis dende o ano 2011. No conxunto do Estado estas cifras ascenden a máis de 2,2 millóns dende que comezou a crise en preto de 700.000 no último exercicio. Asemade, en canto ao número de parados, os datos tamén son positivos, pois dende ano 11 a Lugo conta con 10.000 parados menos, e máis de 2.000 menos dende 2016. No caso do territorio nacional, a cifra de persoas desempregadas diminuíu ata maio de 2017 en 1,6 millóns e no último ano en 430.000.
Con todo, malia que as cifras amosan unha clara mellora da economía a nivel xeral, os populares recoñecen que o Executivo non se conforma. “Non podemos ser triunfalistas, aínda que está claro que camiñamos na boa dirección”. A este respecto, os populares fixeron un chamamento á responsabilidade do Partido Socialista para a aprobación no día de hoxe do teito de gasto para o ano 2018, e que se levará ao Congreso e ao Senado nos vindeiros días.
“É importante porque determina o que van gastar as Deputacións, os Concellos e as Comunidades autónomas e, por tanto, decisivo para a evolución da situación económica do país, a nivel local, provincial e autonómico. O que non é coherente e lóxico é dicir non orzamentos e non ao teito de gasto e logo dicir que hai que facer unha determinada política económica. Isto chámase hipocresía. Sen Orzamentos non hai política económica posible. Os Orzamentos non teñen nome de partido político. Son os instrumentos de política económica que o país necesita”, destacou Barreiro.
É é que de non ser así, o voceiro de Orzamentos no Congreso, coincidindo con Barreiro, indicou que “el PSOE estaría desatendiendo los intereses de la provincia de Lugo y del Estado. Cabe destacar que son los Presupuestos más sociales de la historia, pues 72 euros de cada 100 se destinan a las personas. En 2011 estábamos en caída libre. Hoy como ha dicho Barreiro, la situación es diferente”. Deste xeito, tamén apelou á sensatez do Partido Socialista pois, foi precisamente esta, -que incluso se la reconocimos publicamente-, la que hizo que se llegasen a otros acuerdos materia presupuestaria, como ha sido en su momento el incremento de salario mínimo en un 8%”, apuntou Jaime de Olano.
Os autónomos, colectivo beneficiado polo PP
José Manuel Barreiro destacou, no marco das políticas económicas impulsadas polo Partido Popular, as medidas desenvolvidas para reactivar e impulsar o colectivo dos autónomos por ser estes, destacou, “a base do tecido produtivo” do conxunto do país. A este respecto, subliñou que dende 2008-2012; é dicir, durante o último mandato do Partido Socialista, se destruíron máis de 600.000 empregos neste sector e 220.000 empresas se viron na obriga de cesar na súa actividade, quedando pechadas.
“Isto foi nun momento no que había un círculo vicioso, pois as administracións públicas non pagaban, provocando un crise maior se cabe nas empresas e PEMES dando lugar a estas cifras”, apuntou. Tal é así, engadíu, que en decembro de 2011, “cando chegamos ao goberno atopamos facturas impagadas por valor de 42.000 millóns de euros das distintas administracións e que estaban metidas nun caixón das diferentes institucións”. Por este motivo, e froito dun “exercicio de responsabilidade”, o Goberno “fixo unha aposta clara” para reverter esta situación, creando o Plan de Pago a Proveedores que contribuíu a saldar a cifra indicada anteriormente e a “inxectar liquidez no sistema produtivo”, explicou o voceiro no Senado.
Froito destas medidas, a día de hoxe, o país conta con preto de 160.000 autónomos máis do que había a finais de 2011 e máis de 366.000 asalariados neste réxime.
Con estes datos, concluíu, “temos que seguir traballando nesta dirección que é a apropiada, grazas a que se puxo por diante o interese do país e non o partidista”; todo contrario, dixo, do que está a facer o “Sr. Sánchez”. “É moi lícito que queira chegar á Moncloa, pero debe de facer un exercicio de responsabilidade, pensando no ben do país. Este goberno vai a estar sempre na mesma dirección, e grazas a estas medidas, hoxe somos o referente europeo en materia económica, o país que máis emprego e crecemento económico estamos tendo”, defendeu.