Santiago, 30 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega, acompañado do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, visitaron esta mañá o centro de recursos para persoas con discapacidade que COGAMI ten na Mariña lucense, onde mantiveron un encontro con responsables e usuarios destas instalacións.
Durante a visita, Daniel Vega coñeceu de primeira man as actividades que se desenvolven neste centro, así como as súas demandas e inquedanzas para mellorar o traballo que reciben os usuarios.
“Foi unha agradable experiencia poder pasar con estas persoas unhas horas e compartir experiencias cos traballadores e os que reciben atención no centro de recursos para persoas con discapacidade de COGAMI”, sinalou o deputado popular.