Partido Popular de Lugo

Novas Xeracións da provincia destaca que proxectos de I+D+I como os que se están a desenvolver en Rozas demostran que “os mozos en Lugo temos futuro”

CASTRO DE REI, 30 de xuño de 2017.- Os integrantes de Novas Xeracións da provincia, acompañados polo secretario xeral, Carlos Armesto, asistiron este venres a unha xornada-informativa sobre os proxectos que se están a levar no aeródromo de Rozas, co fin de coñecer as posibles oportunidades laborais que poden xurdir na provincia como consecuencia destas iniciativas que están destinadas ao I+D+I, grazas á aposta decidida dos Gobernos Central e da Xunta para o desenvolvemento do Centro de Investigación de Aeroportada de Rozas (CIAR).

 

Deste xeito, esta visita súmase a outras levadas a cabo con anterioridade e que están destinadas á coñecer a inquedanza dos mozos e as posibilidades de inserción laboral que ten a provincia a través dos principais sectores socioeconómicos da mesma.

 

A presidenta de NNXX, Roza Arza, agradece a atención prestada por parte dos organizadores da xornada informativa-formativa, así como a presenza do propio alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, do secretario xeral, Carlos Armesto, e da deputada no Parlamento, Encarna Amigo, ao tempo que amosa a súa satisfacción “por poder comprobar como na nosa provincia temos futuro e os mozos podemos atopar oportunidades de insertarnos no mercado laboral en sectores tan importantes como a investigación. Sen dúbida, constatamos de primeira man o importante esforzo inversor que se está a facer en Rozas”; o que demostra, indica, “a aposta que están a facer os Gobernos do PP por incentivar a reactivación da economía provincial e crear novos postos de traballo”.

 

Neste senso, a responsable provincial anuncia que proximamente levarán a cabo máis visitas deste tipo porque, asegura, “é importante coñecer e trasladar aos mozos coma nós que en Lugo temos futuro e oportunidades de realizarnos profesionalmente”.