Partido Popular de Lugo

O PP de Lourenzá pon en valor a celeridade da Xunta para axudar á familia que perdeu a casa no incendio

LOURENZÁ, 28 de xuño de 2017.- O Partido Popular de Lourenzá pon en valor a celeridade da Xunta de Galicia para dar unha resposta á familia que vén de perder a súa casa a causa do incendio que calcinou completamente o inmoble no que residían.

 

Os populares agradecen a disposición do delegado autonómico que, unha vez coñecido o suceso producido na madrugada deste sábado, tan só unhas horas máis tarde se personou no lugar dos feitos para trasladar aos afectados a vontade colaboradora da administración autonómica para intentar proporcionarlles unha axuda, que contribuíse a paliar a crítica situación na que quedaron.

 

“Queremos recoñecer publicamente a disposición e sensibilidade do delegado. Cremos que a súa axilidade e solidariedade foi exemplar, xa que, tal e como se puido ver, non só quixo coñecer de primeira man o acontecido, senón que lles tendeu a man para axudar a esta familia que se quedou co posto”, destacan dende o grupo municipal.

 

Solución “enriba da mesa” en tempo récord

A celeridade da Delegación autonómica foi tal que, unha vez concluído o acto da Ofrenda ao Antigo do Reino de Galicia, celebrado o domingo na Catedral de Lugo, esa mesma tarde se desprazou ao lugar dos feitos para comprobar in situ a situación na que quedaba a familia afectada e, tan só unhas horas máis tarde, ás 11:00 horas do luns, os afectados xa tiñan unha solución “enriba da mesa” e coñecían ás axudas ás que podían acollerse.

 

“Realmente estamos moi satisfeitos, por iso, queremos poñer en valor o proceder do delegado. As administracións deben de arrimar o hombro cando os cidadáns o necesitan, e esta familia, é indiscutible que o precisa. Cremos que o Goberno galego demostrou que lle preocupa este Concello e, sobre todo, os veciños de Lourenzá”, conclúen os populares.