Partido Popular de Lugo

A dirección do PP conclúe en Vilalba as reunións para explicar o traballo do Grupo provincial no Plan Único da Deputación

VILALBA,27 de xuño de 2017.- A dirección provincial do Partido Popular concluíu hoxe, en Vilalba, a quenda de reunións con voceiros e alcaldes desta formación política para dar conta das negociacións levadas a cabo co Goberno da Deputación para que ningún Concello da provincia quedase excluído no Plan Único. Concretamente, a presidenta e o secretario xeral, Elena Candia e Carlos Armesto, respectivamente, mantiveron a última hora desta tarde un encontro cos representantes de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade. En total, 9 entidades locais que recibirán ao abeiro desta iniciativa máis de 3 millóns de euros, e que terán unha repercusión directa nos 41.290 veciños que residen nestes municipios, pois trátase dun importante investimento que está destinado á execución de obras, á creación de emprego, á mellora e mantemento dos servizos sociais, e ao impulso das actividades culturais, deportivas e turísticas destas localidades.

 

“Concluímos así, indicou Candia, as reunións para trasladar o traballo do Grupo provincial para que a Deputación poida poñer en marcha este Plan. Foi un traballo duro, pero é unha satisfacción poder estar hoxe aquí para trasladarvos a vós, e aos vosos veciños, que, coas nosas negociacións, pronto se poderán executar obras que son necesarias nos vosos lugares, crear novos postos de traballo ou atender mellor aos maiores destes municipios. Cremos, en definitiva, que para iso estamos, para facer unha oposición útil e construtiva, e este Plan é unha boa mostra delo”, precisou a responsable do Partido Popular.

 

Sétima reunión

Deste xeito, esta foi a sétima reunión que mantivo a dirección do Partido cos representantes dos 67 Concellos da provincia, na que desglosaron as cantidades que recibe cada unha das entidades locais citadas, e que son as seguintes:

 

  • Abadín: 311.473 euros, dos que 234.895 son para obras (mellora de viais en Pumariño, Toxeiro, Cabo de Vila, Casavella, Castiñeira, Cornello, Fonte do Mouro, Roza da Tras, Augalevada, Os Trinta, A Graña, Gaúte, Vilar de Gaúte, Capuchisos, Espiñarcao e A Xunqueira) e para o subministro e colocación de falsos teitos, revestimentos interiores e de escaleiras, carpinteiría de madeira, sanitarios no Concello; 25.107 para o SAF; e 51.470 euros para o Depuemprego.

 

  • Begonte: 276.574 euros, dos que 193.090 son para o alumeado público en Senade e Dongrandeo, Lousado, Buide e Igrexa, Saavedra, Vilariño e Fondevila, así como para a rehabilitación da Casa do Concello (Fase II); 33.046 para o SAF; 39.438 para o Depuemprego; 13.900 para a 2ª edición da Carreira Popular e o Programa de Ximnasia e Mantemento; 8.857 para as escolas deportivas municipais; e 6.000 euros para a Festa da Xuventude (1ª edición).

 

  • Castro de Rei: 354.068 euros, dos que 267.293 euros son para obras (acindicionamento e mellora dos accesos a Barrios de Vigo, O Colexio, Abilleira, Seixas, Espiñeiros, Cruceiro, Toxeiros Vellos e Paderne; e pavimentación da rúa Xosé Trapero Pardo, en Castro Riberas de Lea), e para a adquisición dun vehículo mixto de turismo e carga; 24.085 para o SAF; 58.689 para o Depuemprego; e 4.900 euros para a Feira de Artesanía de Mos 2017.

 

  • Cospeito: 333.262 euros, dos que 252.265 euros son para a reparación de vías en A Laguna, camiño de Pina a Rabadá, de Cerveiro a transformador de Goá, Aquilino Iglesias e Avenida de Santa Mariña, pista do Pozo e estrada de Castelo-Roás e pista da Bouza; así como para o alumeado público en Millarada, Veiga, Traba, Rubiños e Feira do Monte; 15.040 para o SAF; 53.877 para o Depuemprego; 2.856 para actuacións musicais, Festa do Antroido e X Concurso Literario 2017; 27.546 para as escolas deportivas; e 3.500 euros para o Plan de Promoción Turística.

 

  • Guitiriz: 397.223 euros, dos que 295.141 euros son para a mellora de camiños (en Pígara, dende a N-634 a Porucelo, dende Camiño 1 a Capeal do Carmen e dende Camiño 2 a treito da antiga N-634 e, en Os Vilares), para a reforma e aforro enerxético en alumeados públicos en Avenida de Lugo, rúa Ponteveiga, Avenida do Balneario, rúa As Lameiras, rúa do Voluntariado e Praza Campo da Feira e para a subministración de mobiliario básico e vivendas públicas nas antigas escolas de Becín e de Campoverde; 24.766 para o SAF; 68.315 para o Depuemprego; 6.000 para a Festa da Torta de Millo; e 3.000 euros para a Feira de Canteiría.

 

  • Muras: 269.498 euros, dos que 174.653 euros son para o acondicionamento de vías municipais (en Rebordelos, Abordo, Santar, Portonovo, Carregal, Aguillal, Cotelo, Cuiñas de Abaixo, Cabana, As Cuíñas, Sabucedo, Ameixeiras, O Pico, Armada, Armada de Abaixo, Suaschousas e Devodas) e para a eficiencia enerxética en Muras-Urban, As Ameixeiras, O Mouriscón, Parapar, Suaschousas, Baxín, A Carballosa, Granxa Casanova, O Pico Verde, Rego da Parede, Picheira de Musdradas, Santar de Riba, A Rúa, Casabella, Cal do Baño, Seilán, O Castro, Xuntal e Samil; 30.667 para o SAF; 50.177 para o Depuemprego; 3.000 para Cantos de Taberna; 5.000 para o I Trail das Vestas; e 6.000 euros para a Romaxe Artesá 2017 e a Feira do Mel 2017.

 

  • A Pastoriza: 300.869 euros, dos que 228.742 son para o acondicionamento interior do centro cívico e social de Pousada, para a adecuación de locais na Casa da Galocha e do núcleo urbano de Bretoña, para a pavimentación de camiños en Barral, Gasalla e Abelaira e para a adquisición dun camión volquete de obra; 23.062 para o SAF; e 49.064 euros para o Depuemprego.

 

  • Vilalba: 500.000 euros, dos que 255.643 son para a mellora de firme con aglomerado asfáltico (en vial de Ponte Trimaz a Gondaisque e de Cruz a Ponte dos Pazos, en rúas da Revolta, Mestras Amelia e Sagrario, en Corbite) e con dobre rego asfáltico (en rúa Mondoñedo e en Ponte Cabalos); 147.356 para o Depuemprego; 75.000 para o SAF; 12.000 para o Festival Internacional Folclore-Vilalba; 63.736 euros para as escolas deportivas 2017; e 6.000 euros para a Feira do Queixo e a Feira do Capón.

 

  • Xermade: 284.618 euros, dos que 187.744 son para a mellora do firme nas vías de Lousada, escola de Miraz, escola de Candamil e campo de fútbol de Momán, así como para a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público de Momán, construción dun depósito de reserva antiincendios en Roupar, instalación de equipo de control e dosificación de cloro nos depósitos de Momán e Vilacide, e adquisición dun vehículo para servizos sociais e de augas, e dun camión guindastre; 23.403 para o SAF; 51.470 para o Depuemprego; 8.600 para as Xornadas Interxeracionais Rurais, Premio Xermade na Historia, Laboratorio de Radio nas parroquias e Cestería e Tapicería; 8.000 para a Copa Concello de Xermade, Carreira Popular, Pedalada Solidaria e Proxecto de Avellentamento Activo; e 11.470 euros para o XVII Encontro de Torneiros de Madeira.