CHANTADA, 26 de xuño de 2017.- As negociacións do Grupo Provincial do PP foron decisivas para que a Deputación execute o Plan Único, do que saen beneficiados todos os concellos da provincia, se exclusión de ningún deles. Por este motivo, e dado o intenso traballo dos populares, a dirección, representada por Elena Candia e Carlos Armesto, mantiveron este luns un encontro en Chantada, onde deron conta aos representantes dos municipios deste partido xudicial das actuacións que se levarán a cabo nestas localidades ao abeiro desta iniciativa, coa que, indican, “marcamos un antes e un depois no devir da xestión do organismo provincial”, destacou a responsable provincial.
“Temos que recoñecer que foron moitas reunións, moitas horas dedicadas para que o Goberno socialista nos escoitase. A nosa función como oposición debe ser esta: a de conquerir proxectos e plans que axuden a facer provincia, e creo que o conseguimos. Isto supón un fito histórico, pois, en condicións de maioría, moitos dos concellos que aquí vos atopades, quedariades fóra da iniciativa. Ao final o que conta é o traballo, e creo que hoxe non hai ningún veciño da provincia que non saiba que o PP foi decisivo para que se fagan estas obras e outros investimentos no seu concello”, apuntou Elena Candia.
A sexta reunión
Concretamente, na xuntanza de hoxe, a sexta que leva convocada a dirección do Partido, participaron os representantes do Partido de Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Monterroso, Palas de Rei e Taboada. En total, os investimentos que se realizarán nestas localidades suman 1,9 millóns de euros, e benefician, segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), aos máis de 23.000 veciños que residen nestes municipios. Son as seguintes:
-
Antas de Ulla: 258.532 euros, dos que 142.532 son para a pavimentación do camiño de Vilasión (San Xoán de Antas e San Fiz de Amarante), dos accesos aos Carreiros e Montecelos (Santiago de Dorra), Vilapoupre (San Martiño de Vilapoudre), Rial (San Andrés do Rial), así como para a optimación enerxética de instalación de alumeado público exterior en Agüeña (San Mamede), Alvidrón-Casa da Naia-Arcos (Santa Mariña), Amoexa (Santiago), Árbol (Santalla), Areas (Santa Cristina), Barreiro (San Cibrao), Cibreiro e Cervela (San Miguel); 63.788 para o SAF; 74.823 para o Depuemprego; 8.000 para V Festival de Bandas de Música de Antas de Ulla, para o IV Festival da Amizade, para o Festival de Música Clásica Festiulloa 2017, e para o certame de corais Antas de Ulla e curso de teatro e expresión corporal; e 7.082 euros para a iniciación á notación para nenos e para o III Torneo de Fútbol Base Antas CUP.
-
Carballedo: 293.590 euros, dos que 217.693 son para a pavimentación da rúa Maruxa Villanueva, Praza V Portomeñe, Irmáns Fernández Dorrego e actuacións en instalación de iluminación pública de Airexe, Casares, Vilar de Mulleres, A Laxa, Santa Mariña, Aguada de Arriba, Lobelle de Arriba e Pepes; 24.425 euros para o SAF; e 51.470 euros para o Depuemprego.
-
Chantada: 420.676 euros, dos que 298.676 son para a execución da ponte en Vilameá, para o acondicionamento do pavillón deportivo, para a construción da II Fase de Beirarrúas en Basán e rede de sumidoiros, arranxo das Casas Escola de Vilauxe e Mundín, e acondicionamento viario en Mundín, Casteda, Uriz, Villardamos, Barrio da Ponte e acceso a San Esteban; 30.000 euros para o SAF; 70.000 para o Depuemprego; 8.000 para o Agosto Cultural e cursos de pintura; 93.902 para as escolas deportivas municipais; e 4.000 euros para a Festa da Empanada e 32.107 para a Feira do Viño.
-
Monterroso; 281.176 euros, dos que 184.859 son para a ampliación, mellora e reforzo do firme da estrada de Sirgal, mellora da pavimentación no núcleo de Novelúa, de Airexe a Ligonde, de Cumbraos a Casa de Núñez, así como para a adquisición dunha debrozadora tractor; 23.749 para o SAF; 51.785 para o Depuemprego; 40.287 para as Escolas de Música Municipais; 6.782 para as escolas deportivas e desprazamentos de equipos de fútbol e eventos organizados polo concello; e 18.693 euros para a XXV Feira do Queixo 2017.
-
Palas de Rei: 344.786 euros, dos que 200.786 son para o acondicionamento e mellora de accesos en San Xorxe, Leilón, A Escrita, San Pedro, San Xulián, Pambre, Santaballa, Merlana, CasaCamiño, Carteire e Sambreixo, Muro en Cubelo, canalización en San Xusto e mellora de beirarrúas en rúa Castelo, acondicionamento do paseo fluvial Rio Roxán, do campo da festa na Leboreira e do centro de saúde e punto de atención continuada de Palas de Rei, mellora da eficiencia enerxética na avenida Compostela, Leboreiro, Camiño das Hortas, Grupo Escolar e rúa do Peregrino, ademais de para a adquisición dunha furgoneta para o servizo de obras; 50.000 para o SAF, 75.000 para o Depuemprego, 7.000 para obradoiro municipal de teatro 2017; 9.736 euros para as escolas deportivas municipais, deporte en idade escolar, campionato de fútbol sala, olimpiada deportiva e deporte de natureza; 3.150 euros para Festiulloa 2017 en Castelo de Pambre e 3.150 euros para XXVI Feira Cabalar de Vilar de Donas.
-
Taboada: 300.970 euros, dos que 213.454 son para a pavimentación dos accesos a Gondulfe, San Lorenzo, Piñor, Taboada dos Freires, Casa Peto, Toldao, Maxal, Casa Raxeiras, Bouzo-Costiña, Esperante, Montecelo, Piñeira, Quintá, Aldea de San Julián, Sonán, Arxida, San Mamede, A Torre, San Mamede-Tomade, Lendorrio, O Curo, Sabugueira, Límite municipal-As Neves, Xián-Vilariño e Fiunte, así como para a subministración de material para reforma de instalación de alumeado público na rúa Real de Taboada; 24.425 euros para o SAF; 49.089 para o Depuemprego; 8.387 para a Festa da Xuventude 2017, campamentos de Nadal e Entroido e festa infantil de carácter cultural en agosto; 12.212 para as escolas deportivas municipais 2017; e 7.828 euros para a Festa do Caldo de Ósos 2017.