Lugo, 22 de xuño de 2017.- O Grupo Provincial do PP quere puntualizar que a resolución que vén de coñecerse do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractual en relación á concesión do servizo do centro de recría do Centro Gayoso Castro non defende a legalidade do procedemento iniciado pola Deputación de Lugo, posto que non entra no fondo da cuestión, relacionado coa denuncia dunha empresa por incumprimentos nas prescricións técnicas.
Apuntan ademais que, de seguir adiante, a responsabilidade será do equipo de Goberno, e advirten das consecuencias xurídicas que se poden derivar deste proceso se a empresa que reclama decide seguir adiante.
O PP conseguiu no último Pleno que quedara sobre mesa a proposta de adxudicación da concesión da xestión e explotación do centro de recría Gayoso Castro mentres non se resolvía o recurso efectuado por unha das empresas que participou no proceso de contratación, en cuxa reclamación denuncia incumprimentos nas prescricións técnicas.
Un proxecto parado
Desde o PP recordan que o Centro Gayoso Castro foi presentado como un proxecto estrela, o buque insignia, unha inversión millonaria e un centro de referencia a nivel nacional, que segue sen funcionar. A vontade o Grupo Grupo Popular “sempre foi clara para que este proxecto chegue a bo porto tralo forte investimento público, apoiar e non torpedear”.