MONFORTE DE LEMOS,22 de xuño de 2017.-A dirección provincial do Partido Popular continúa o seu periplo pola provincia para trasladar aos alcaldes e voceiros desta formación política as negociacións levadas a cabo co Goberno da Deputación para a posta en marcha e aprobación por unanimidade do Plan Único. Este xoves convocou aos líderes do Partido na comarca de Lemos, cuxos Concellos recibirán 2,5 millóns de euros para a execución de obras, emprego, servizos sociais, e actividades culturais, deportivas e turísticas.
Concretamente, no encontro participaron os representantes de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober. En total, cos de hoxe, 52 concellos dos 67 existentes, xa recibiron da presidenta Elena Candia a información correspondente ás actuacións que se van executar nestas localidades.
“Un día máis queremos poñer en valor o traballo do noso Grupo na Deputación. Coincideredes comigo en que moitos dos Concellos que aquí estades representados, se non fose polas negociacións do noso Partido, é probable que moitos quedásedes fóra. Como sabedes, esta foi a tónica dominante ata que se producíu o proceso que provocou que hoxe o PSOE goberne en minoría. Nós estamos para facer unha oposición útil, e creo que así quedou demostrado nesta iniciativa e, sobre todo, que, estou convencida, os cidadáns desta comarca, e de toda a provincia, o saberán valorar. Hoxe creo que a ninguén se lle escapa que fomos a pinza para poñer fin a esa etapa na que o organismo provincial só colabora se eras amigo. Se non o eras, date por olvidado”, indicou a presidenta provincial.
2,5 millóns para 35.400 veciños
As cantidades desglosadas que recibe cada unha das entidades locais citadas a esta xuntanza benefician aos máis de 35.400 veciños da comarca.Son as seguintes:
-
Bóveda: 232.349 euros, dos que 157.162 son para a mellora do saneamento de Eimer, A Tourona, Xulián, As Pontes, Vilaboa-Casas Novas e Ver, así como para os sistemas de seguridade en equipamentos locais, acondicionamento do pavillón polideportivo e da rede viaria local en Souto, Teilán, Remesar, O Castro, Tuimil, Campo do Muro, Rubián, Casas Novase rúa Real-Bóveda, ademais de para a optimización enerxética do alumeado público en Bóveda, Agra e rúa Nova (Rubián); 21.699 para o SAF; 39.487 para o Depuemprego; 10.482 para as escolas de música e danza tradicionais municipais; e 9.000 euros para a XV Feira Tradicional “Outrora” de Rubián.
-
Monforte: 500.000 euros, dos que 333.482 son a mellora da accesibilidade e aseos da Casa da Cultura, eliminación de barreiras arquitectónicas e renovación do pavimento das rúas Duquesa de Alba, do Conde e da Estrella, acondicionamento das sendas peonís de San Vicente do Pino e posta en valor da muralla do Burgo medieval; 23.744 para servizos sociais; 64.872 para o Depuemprego; 44.020 para actividades culturais, lanzamento de fogos no río, certame municipal de teatro, concurso de festas patronais 2107 e Feira do Libro; 14.025 para a IX Carreira Popular Concello de Monforte; e 45.396 euros para a Feira Medieval (convenio 2016).
-
Pantón: 307.503 euros, dos que 201.782 son para a mellora de camiños á depuradora, Mañente, balneario, Vilaverde, Goyán, Castrotañe, Serpentiña, Frenzas, Docil, Cima de Vial, Casa da Fonte, Hedra, local social, Pumar, Cerdeiro, Bazal e Ribeiras do Miño, así como para o subministro dun marcador dixital para o campo de fútbol e o acondicionamento da travesía das rúas Ourense e Manuel María, praza do Concello e Xeneral Ramón Fernández Núñez; 25.887 para o SAF; 60.832 para o Depuemprego; 7.000 para as seguintes actividades culturais: Luns Activos, Entroido, Día das Letras Galegas, campamento de verán, actuacións ao aire libre, Outono Cultural e Nadal; 10.984 para ximnasia de mantemento, zumba, actividades deportivas extraescolares e multideportes, patinaxe e I Trail Galaica Ribeira Sacra; e 5.000 euros para XXIV Mostra de Viños da Ribeira Sacra e confección de folletos turísticos.
-
Pobra do Brollón: 265.802 euros, dos que 132.901 son para a construción de quiosco e aseo público na área recreativa de Samugueiros e rexeneración de camiños deAbelaira a Trasmonte, Lama de Lor, Tudriz, de Veiga a Picais, Veiga, Eirexa, Aldea de Riba e área recreativa de Santalla, así como para o subministro dunha biotrituradora asteladora e de equipamento informático; 46.196 para o SAF; 42.539 para o Depuemprego; 39.500 para a XXV Feira do Viño de Vilachá, IV Feira Medieval Guímara, IV Festival de Música Tradicional “Cores de Outono”, VII Concurso de Cantos de Taberna e decoración e festa de Nadal; e 4.664 euros para un vídeo promocional do Concello.
-
Quiroga: 321.800 euros, dos que 203.563 son para a mellora de accesos en Vilanuide, San Martiño-Alvaredos, Ferrería, Centais, Fontefurado, Aldea, Sexmil, Ivedo, Villasther, Vilar Mondelo, Chao da Casa, Bendollo, Paradapiñol, Cereixido, Vilarmeal, A Barca, Caspedro-Carballedo, Vilañán, Carballo, O Mazo, Outeiro, Casa do Vello, As Barxas, Penarrubias, Pacios da Serra, Campodola-Leixazos, Ermida-Lamela, Arxubín-Barxa, Montaña do Lor, Pozos-Carballo-San Pedro, Santa Andrea-Cova, A Conchada, piscinas municipais, San Vitorio, Orxais, Soán, Xestoso, As Estradas, Pacio Vello, San Julián, Outeiro, San Cristobo, Prado, San Julián de Arriba, As Cobas e San Martiño; así como para a susbstitución e montaxe do mobiliario urbano e reconstrución de pasos de peóns elevados en rúas Real, Pereiro, Courel, Ánxel Fole, Quiroga de Arxentina e Travesía de Ribeira, e demolición do edificio de vivendas no antigo colexio público; 23.062 para a Axuda no Fogar; 73.174 para o Depuemprego; 8.000 para concertos, Festa da Comunidade e representacións teatrais; 8.000 para XII Campo de Fútbol, Día da Bicicleta, XII Carreira Popular Feira do Viño e II Night Trail Nocturna; e 5.999 euros para XVII Mostra do Aceite, reedición do folleto turístico promocional do Concello e mantemento dos contidos turísticos da páxina web municipal.
-
Ribas de Sil:217.212 euros, dos que 156.952 son para a construción dun camping municipal, renovación da tubaxe de impulsión en San Clodio e optimización enerxética nasseguintes instalacións municipais: Casa do Concello, pavillón e depósito de auga, e alumeado público en Cima de Vila, Escoleira, Moreiras de Abaixo, Moreiras do Medio, Pozas, A Peza-Filgueiro, Vilares, Cortes, Ventosa, San Lorenzo, As Fontes, Os Castos, Relosío e Pousanova; 22.040 para o SAF; 32.219 para o Depuemprego; e 8.000 euros para a Festa da Cereixa.
-
O Saviñao: 349.117 euros, dos que 235.021 son para a pavimentación de accesos en Ousende, Abuime, Saroupe a Augalevada, Penelas-Villacaiz a estrada de Rubián-Taboada, praza en Currelos de Sardiñeira, de Meán a Rega, Sanxumil, Salcedo, Santuiño, A Lama de Galegos, Camiño de Agra, Marrube a Morgade, Lama de Corredoira, e Susavila e Piñeiro; 45.000 euros para a Axuda no Fogar; 61.096 para o Depuemprego; e 8.000 euros para a Aula de Verán, actividades de Nadal, Samaín e o magosto.
-
Sober: 300.322 euros, dos que 214.321 son para o saneamento e depuración en Vilaudriz, Francos, Naz, Naz de Abaixo, Lama de Campos e Doade; 27.000 para o SAF; 54.001 para o Depuemprego; e 5.000 euros para a XXXVII Feira do Viño de Amandi.