SARRIA, 21 de xuño de 2017.- A dirección provincial do Partido Popular proseguíu este xoves en Sarria coa rolda de reunións para explicar aos alcaldes e voceiros desta formación política o traballo do Grupo provincial, que foi “francamente decisivo” para a posta en marcha e aprobación por unanimidade do Plan Único. A esta xuntanza convocáronse os líderes do Partido neste municipio, así como os de O Incio, Láncara, Samos, Triacastela, Paradela e O Páramo.
Neste senso, cos de hoxe, 44 concellos dos 67 existentes, xa recibiron da presidenta Elena Candia a información correspondente ás obras que se van executar nestas localidades, así como os investimentos en materia de emprego, social, cultural e deportiva; e que ascenden a preto de 2 millóns de euros.
Con este tipo de xuntanzas, a dirección do PP pon de relevo “o esforzo que realizamos, pois foron moitas reunións as que mantivemos co Goberno para evitar que os socialistas priorizasen e beneficiasen máis a uns que a outros”. Deste xeito, “creo que este Plan supón un antes e un despois na dimánica da Deputación, xa que durante anos fixeron unha discriminación clara cos concellos nos que non tiñan alcalde. A situación en minoría provocou que se visen na obriga de escoitar as nosas demandas. E, o resultado, é este: un plan no que todos temos o mesmo protagonismo e somos tratados coa mesma vara de medir”, puntualizou Candia.
Disbritribución dos 2 millóns
As cantidades desglosadas que recibe cada unha das entidades locais citadas a esta xunanza son as seguintes:
-
O Incio: 274.577 euros, dos que 186.647 son para obras protectoras no río Cabe, na área recreativa da Fervenza e acondicionamento de accesos a San Pedro, Barreiro, Eirexalba, Sirgueiros, Reboiro, Vilar da Vara, Aldea de Abaixo e Castelo, así como para a adquisición dun tractor corta céspede e subministro de diverso mobiliario urbano; 24.085 euros para Axuda no Fogar; 41.844 para o Depuemprego; 8.000 para a revista cultura Os Fanagueiros, festival Terra Brava e 2ª edición de maxia; 8.000 para deporte ao aire libre e para maiores, xogos acuáticos e xornadas; 3.700 euros para a Feira de Artesanía 2017; e 2.300 para a elaboración dun vídeo promocional turístico de O Incio.
-
Láncara: 275.701 euros, dos que 193.392 euros son para a mellora dos accesos en Galegos, Láncara, Cereixosaos, Suaxe, Saa, Barbosa e de O Chao ata o cemiterio e Quintela, así como para o subministro dun camión volquete con guindastre e para o acondicionamento do parque infantil Edizlo; 25.618 euros para o SAF; 59.309 para o Depuemprego: e 3.000 euros para Festa da Tenreira Galega 2017.
-
Paradela: 264.283 euros, dos que 192.723 euros son para a pavimentación do cruce de Cerxedo, Zouro-A Matanza ao límite municipal cos concellos de Bóveda e O Incio, así como para a mellora dos accesos A Mide e de Portocarreira a Bacorelle e para a reposición da tubaxe de auga potable na rúa Manuel Oreste Rodríguez; 23.062 euros para o SAF; 4.245 para o certame literario Manuel O. Rodríguez López; 44.362 euros para o Depuemprego; e 2.680 para a XXVIII Feira do Ano e San Isidro.
-
Triacastela: 195.454 euros, dos que 135.470 son para a pavimentación de accesos de Camiño de Lama do Cabaleiro e Eirecova, Santalla, camiño de Pedrón e Serra en Cancelo, Queixadoiro, Cerradal e serra de Meizarán, así como para a mellora da rede de distribución de auga potable en Triacastela; 19.655 euros para a Axuda no Fogar; 2.978 euros para a celebración da actividade deportiva de enduro, trail e transporte,e curso de natación para rapaces; 2.500 para o fomento e promoción da Cova Eirós e ludoteca de Nadal; 33.849 para o Depuemprego; e 1.000 euros para a Feira de Artesanía e Produtos da Zona.
-
Samos: 256.914 euros, dos que 167.729 son para a mellora de accesos a Aián, contorno de Outonín e de Nande, vías interiores de Estraxiz e Silvil, Estraxíz e A Furela, Guisalle e igrexa de Suñide, e reconstrucción do muro en vial de Chelo; 14.820 para SAF, 4.111 para cursiños de natación e servizo de salvamento na piscina pública; 1.411 para actuación do grupo musical e grupo de teatro ou maxia; 66.112 para o Depuemprego; e 6.000 euros para a Feira de Artesanía e a Feira Gandeira.
-
O Páramo: 232.004 euros, dos que 154.995 son para o acondicionamento do centro social de Saa, accesos en A Barreira e acondicionamento de camiños de San Mamede por Reascos a Beleigán, de Laxe a Reascos, de Torre por Piñeiro a San Mamede, e Piqueiro a Porto Burato, de Santa Andrea á Ponte sobre o río Miño, de Novás a Vigto, de Parapar a Ardeverde, de Saa a Pacios, de Paredes a Saa e acceso á igrexa de Reascos, así como para a redacción de documentación técnica das obras incluídas neste Plan; 10.000 euros para o SAF; 5.041 para actividades extraescolares deportivas, maiores e Nadal; 8.000 para actuación do grupo de música tradicional galega; 47.967 para o Depuemprego; e 6.000 para a 41 edición da Festa da Primavera 2017.
-
Sarria: 500.000 euros, dos que 406.600 son para obras na rúa Diego Pazos, pista de tenis na rúa Castelao, subministracións de tarima de escenario, material inventariable para residencia de maiores Nosa Señora do Carmen, vehículo con grúa para servizos eléctricos municipais, instalación de xogos infantís para o parque de O Chanto, programa informático de xestión para o matadoiro, cazo limpa cunetas para a retroexcavadora municipal e elaboración dun plan de mobilidade e espazos públicos para a vila de Sarria; 11.500 para o SAF; 5.990 para a proba ciclista e descenso urbano Vila de Sarria; 6.000 para as xornadas sobre a Revolta Irmandiña; 65.909 para o Depuemprego; e 6.000 euros para a feiras de San Isidro e de Artesanía e Produtos da zona.