Partido Popular de Lugo

Elena Candia explica ao PP de A Mariña que os 16 concellos desta zona beneficiarase de 4,7 millóns de euros millóns do Plan Único da Deputación

FOZ, 19 de xuño de 2017.- A presidenta provincial do PP, Elena Candia, acompañada do secretario xeral, Carlos Armesto, e do coordinador desta formación política en A Mariña, José Manuel Balseiro, liderou a xuntanza deste luns, na que trasladou aos alcaldes e voceiros do Partido Popular desta zona, que os dezaséis concellos da comarca percibirán preto de 4,7 millóns de euros dentro do Plan Único da Deputación; iniciativa que puido saír adiante logo das negociacións emprendidas polo Grupo do PP co Goberno provincial, e que permitirá á execución de nova obra pública, o mantemento e creación de emprego, a mellora dos servizos sociais e a promoción cultural, turística e deportiva na comarca.

 

“Convocámosvos a esta reunión porque cremos necesario trasladar a todos os mariñanos que nos seus concellos se vai a poñer en marcha un plan que, se mo permitides, case o podiamos calificar de histórico, pois, por primeira vez, non se deixa a ningún fóra. E isto, foi posible logo dos múltiples contactos que levamos a cabo co Goberno provincial para que esta iniciativa fose equilibrada e xusta. O noso traballo na Deputación é facer unha oposición construtiva, pensando no que máis lle pode interesar aos veciños. Por iso, demandamos durante meses a creación do Plan Único que, finalmente, é unha realidade. Custou chegar ata aquí, pero cremos que pagou a pena, sobre todo, porque se pon de relevo que se nos escoitou e que somos necesarios para chegar a grandes acordos”, subraiou Elena Candia.

 

Desglose por concellos

No encontro de hoxe participaron os rexedores e compañeiros dos municipios desta zona, que son Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Por esta orde, as cantidades que lles corresponden a cada un, dentro da iniciativa que foi aprobada o pasado venres por unanimidade, son: 255.009 euros, 255.727 euros, 333.826 euros, 270.913 euros, 375.645 euros, 238.937 euros, 288.098 euros, 283.861 euros, 255.700 euros, 396.569 euros, 224.132 euros, 236.603 euros, 268.582 euros, 241.216 euros, 500.000 euros e 258.571 euros.

 

Deste xeito, as obras que se executarán nos vindeiros meses, así como as actuacións que se levarán a cabo en materia laboral, social, turístico, deportiva e cultural beneficiarán aos máis de 72.574 veciños destes 16 concellos.

 

Segunda reunión

Esta foi a segunda reunión que a dirección provincial mantivo cos compañeiros de Partido da provincia para explicar cal foi o traballo levado a cabo polo Grupo provincial para que un plan deste tipo, no que saen beneficiados o 100% dos concellos, sen discriminación algunha, poida poñerse en marcha. Na tarde de onte, a dirección do PP reuniuse cos representantes da Montaña.