Partido Popular de Lugo

Carlos Ríos asume a presidencia do PP de Ourol “co compromiso de traballar para recuperar a alcaldía en 2019”

OUROL, 14 de xuño de 2017.- Carlos Ríos López proclamouse este mércores presidente da Xunta Directiva Loca de Ourol. Así o acordaron os afiliados desta agrupación no congreso, presidido pola dirixente provincial, Elena Candia, quen estivo acompañada do secretario xeral, Carlos Armesto, e do coordinador do Partido en A Mariña, José Manuel Balseiro.

 

O novo responsable, que substitúe a Domingo Dablanca Aguirre, recoñece que asume o cargo “non só con satisfacción, senón co compromiso de traballar para recuperar a alcaldía en 2019”. “Temos que ser capaces de articular un bo proxecto, que permita que o Partido Popular volva a estar de onde nunca debeu de saír, que é da alcaldía”. Deste xeito, asegurou, diante dos militantes e simpatizantes que participaron na xuntanza, que o seu reto e deseñar un grupo de traballo para conseguir este fin de cara ás vindeiras municipais. “Niguén mellor ca vós para saber como está a defraudar o actual equipo de goberno aos veciños. Só o PP lles pode devolver a confianza perdida, e isto tamén pasa por presentar un bo candidato”, afirmou.

 

Perfil axeitado e ampla traxectoria

O novo dirixente é un autónomo de 46 anos, moi coñecido na zona. Conta, ademais, cun amplo coñecemento do Partido, pois leva máis de dúas décadas afiliado, pero tamén atesoura gran experiencia política, xa que foi concelleiro sendo alcalde Guillermo Salgueiro.

 

Con este perfil, a dirección provincial, que encabeza Elena Candia, non dubidou en recoñecer que Ríos López “ten o perfil axeitado para para asumir o cargo”. Neste senso, a presidenta tamén tivo palabras de agradecemento para o antecesor do novo dirixente local. “Quero darlle as grazas persoalmente, así como en nome do PP da provincia. Persoas coma el sempre son necesarias no noso Partido, a pesares de que, a veces, sexa unha labor complicada, pero, se de algo estou convencida, é que con empeño, compromiso, seriedade e dedicación imos lograr que o PP medre en Ourol”, destacou.

 

Na mesma liña, Carlos Armesto trasladou ao elixido o apoio do órgano provincial “para camiñar xuntos e acadar o obxectivo”. “Creo profundamente que temos todo para pode volver a gañar”, afirmou Armesto, ao tempo que animou ao presidente e a todos os afiliados e concelleiros actuais “a traballar co mesmo ou máis esforzo se cabe”.

 

Xermade e Cervo, as próximas citas

Ademais do de Ourol, e enmarcados no compromiso do PP de Lugo de seguir reforzando o Partido por toda a provincia, este venres a dirección provincial proseguirá coa renovación das agrupacións locais. Será en Xermade, ás 20:30 horas, no restaurante Tino de Momán. Asemade, o 2 de xullo, ás 11:00 horas, na sede do Partido de San Ciprián, procederase ao nomeamento do presidente de Cervo. Con anterioridade, o PP tamén renovou os órganos de dirección de Cervantes, A Pastoriza e Lugo, que desempeñan Javier Santín, Luis Cabado e Ramón Carballo, respectivamente.