Partido Popular de Lugo

O PP de Sarria acusa á alcadesa de “ocultar documentación pública durante 7 meses” e advirten que recurrirán á vía penal no caso de seguir “con este escurantismo”

SARRIA, 13 de xuño de 2017.- O PP de Sarria acusa á alcaldesa de “estar ocultando documentación pública durante 7 meses”. Trátase dunha serie de informes que contratou a rexedora a unha asesoría xurídica sobre unha suposta reestruturación da área económica do Concello, así como de análises xurídicos administrativos do mesmo departamento, de contratacións de tesoureiría e de varias alternativas para a remodelación de dita área.

 

Son, por tanto, documentos “o suficientemente importantes como para que a alcaldesa os estea ocultando a sabendas, coa indifensión que isto supón para todos”. Por este motivo, e ante o que consideran “unha situación e un escurantismo gravísimos”, anuncian que, se o Goberno local non fai públicos estes informes, presentarán unha denuncia pola vía penal. E é que, a situación é “máis escandalosa de cabe”, se se ten en conta que son escritos que, segundo a propia rexedora recoñeceu publicamente, foron encargados para “tomar decisións no propio Concello”.

 

Reparos de Secretaría e Intervención

Concretamente, os estudos foron contratados en novembro de 2016. O 28 dese mes, a empresa presentou a documentación, pero a responsable municipal, en vez de rexistrala, “gardouna sen saber para que fin”. O día 29 tense constancia da factura por importe de 4.961 euros, que foi asinada pola responsable municipal o 13 de decembro.

 

A raíz disto, e dado que a documentación non foi presentada no Rexistro municipal, os servizos de Secretaría e Intervención requeriron a constancia da existencia dos informes, pero a rexedora “de forma dolosa non deu conta, recoñecendo así que o que existe é un traballo dun contrato verbal, financiado polo Concello”. Precisamente, na Xunta de Goberno do 21 de marzo, a entidade local intentou aprobar o pagamento da factura, pero os informes dos deparamentos antes indicados paralizaron o aboamento.

 

3 intentos sen resposta

Esta non é a única ocasión na que o Partido Popular denuncia o proceder da alcaldesa con este tipo de documentación. Dende hai un mes, e ata en tres ocasións, solicitou a documentación deste traballo, sen obter ninguna resposta ao respecto. Por este motivo, e co fin de esclarecer unha situación “que non conduce a ningures nin beneficia a ninguén”, os populares queren saber que tipo de decisións se están a tomar con estes informes, cales foron os motivos da contratación e porque a alcaldesa son os fai públicos. Deste xeito, dende o Grupo municipal insisten nesta cuestión porque, ademais, no último Pleno, a rexedora recoñeceu que, a parte destes, existen outros contratos realizados aos mesmos asesores.