Partido Popular de Lugo

O Partido Popular fixa o congreso local de Cervo para o 2 de xullo

CERVO, 8 de xuño de 2017.- O Partido Popular avanza na celebración de congresos das distintas agrupacións locais da provincia. Concretamente, este formación política acordou a última hora do día de onte, nunha xuntanza cos afiliados de Cervo, fixar para o 2 de xullo, ás 12:00 horas, na sede do PP de San Ciprián, a cita deste encontro. Deste xeito, o Partido Popular dá continuidade ao compromiso de seguir “creando proxectos gañadores para que o PP medre nas municipais”, tal e como explicou en días pasados a propia presidente na reunión da Xunta Directiva Provincial.

 

A reunión de onte estivo dirixida pola presidenta provincial e o secretario xeral, Elena Candia e Carlos Armesto, respectivamente, así como polo responsable da organización política en A Mariña, José Manuel Balseiro Orol, ademais do presidente local, José Insua, e o alcalde, Alfonso Villares. Por tanto, tal e como engade a presidenta, unha vez coñecida a data deste congreso, “continuamos no camiño de seguir reforzando o Partido por toda a provincia. Ademais destes congresos, xa estamos planificando outros”; o que demostra para a responsable do PP que “somos un Partido vivo, e que traballa baixo o entendemento e o consenso”. “Os cidadáns, hoxe máis ca nunca, demandan dos políticos seriedade e traballo. Creo que no Partido Popular e, nisto a agrupación e Cervo é un exemplo, así o estamos a facer”, conclúe.

 

Máis congresos

O de Cervo súmase aos anunciados recentemente, e que son os de Ourol e Xermade. Estes celebraranse os días 14 e 16 de xuño, no Hotel Val do Naseiro, ás 20:30 horas e restaurante Tino de Momán, ás 21:00 horas, respectivamente. En ambos os dous concellos, e ao igual que aconteceu co de Lugo, somentes existe un único candidato. No caso do municipio mariñano, Carlos Rios López será o novo presidente da agrupación. Trátase dun autónomo de 46 anos, moi coñecido na zona, e que conta cun amplo coñecemento do Partido, pois leva máis de dúas décadas afiliado, pero tamén atesoura gran experiencia política, xa que foi concelleiro ata que se produciu o cambio de goberno.

 

No caso de Xermade, a persoa que o dirixirá a formación política será o enxeñeiro agrónomo Antonio Riveira Requeijo. Igual que no caso anterior, é unha persoa moi recoñecida no municipio e no contorno, debido á súa profesión que exerce nesta localidade, así como pola traxectoria como estudoso da cultura do municipio, contando así con algunha publicación sobre a materia.