Partido Popular de Lugo

O grupo municipal do PP pon en valor a colaboración da Xunta para o desenvolvemento da Subida A Pontenova

A PONTENOVA, 7 de xuño de 2017.- O Partido Popular de A Pontenova agradece a colaboración da Xunta de Galicia na organización da sexta edición da Subida A Pontenova, que se desenvolveu esta fin de semana na localidade mariñana. Neste senso, os populares, a través do seu voceiro, David Álvarez Gutiérrez, poñen en valor o esforzo realizado polo Goberno galego para que esta actividade deportiva, que xa é un referente na Comarca, se puidese levar a cabo. “Cremos que a Xunta de Galicia está a dar mostras claras do apoio reiterado ao deporte lucense, sexa este da categoría que sexa, por iso é importante destacar esta aportación”, precisa Álvarez Gutiérrez.

 

Concretamente, o Goberno galego achegou 3.500 euros; unha cantidade que para os populares “non é menor e que grazas a ela, así como a de outras entidades, fixo posible que todos o veciños e os seguidores do motor nos visitaron o sábado e o domingo, co gallo da celebración desta proba”.

 

Colaboración institucional

Deste xeito, para o Partido Popular “o esforzo realizado” pola Xunta de Galicia pon de relevo “a excepcional colaboración institucional” que esta administración está a levar a cabo cos concellos da provincia, “priorizando a necesidades que temos, sen fixarse en fins partidistas”. “É unha satisfacción ver como a Xunta de Galicia goberna para todos, malia que hai que dicir, que para a presentación de dito evento, non se tivo en conta. Aquí se vei o interese duns e outros”, conclúen.