Partido Popular de Lugo

O PP de Lourenzá denuncia que o Concello pretendese implantar a taxa de vados, a pesares da desconformidade dos afectados

LOURENZÁ, 5 de xuño de 2017.- O Partido Popular de Lourenzá denuncia que o Concello pretendese modificar a ordenanza, que inclúe a aplicación dunha taxa para a entrada de vehículos, a pesares da disconformidade dos afectados. Concretamente, segundo precisan os populares, os locais do núcleo urbano non foron informados da decisión do Goberno local. Refírense así, ao almacén de construción ou a unha empresa de electricidade, que se verían gravemente prexudicados por este imposto.

 

“Isto demostra como goberna a alcaldesa, de costas aos veciños”, afirman. E é que para o Grupo do PP non se entende como a rexedora decidiu incluir no Pleno, malia que logo foi retirado da Orde do día, este punto sen informar aos afectados, nin á Asociación de Comerciantes de Lourenzá (ACIAL). “Mal imos cando adoptamos decisións sen contar cos cidadáns. Isto chámase gobernar sen pensar no ben común. Lamentablemente, é unha mostra máis da actitude ditatorial á que, por desgraza, xa nos ten acostumados esta alcaldesa”, destacan,

 

Xustificación pouco precisa

A este respecto, os populares tamén crítican que se xustifique a modificación en criterios de por motivos de seguridade (centros oficiais, entidades bancarias, etc) ou de eficacia e celeridade (servizos de reparto a domicilio, mudanzas, seguridade privada, ambulancias, etc), “pois, precisamente, as funcións que se indican son as que menos abundan en Lourenzá”.

 

“O PP de Lourenzá non se opón a que se fagan modificacións, de feito coincidimos en acotar a ordenanza, xa que, tal como está, calquera particular pode ter vado. Por iso, tiñamos preparada unha emenda, coa que pedíamos substituir a proposta de alcaldía reserva de espazos ou prohibición de estacionamento por reserva de espazos nas vías e terreos de uso público concedidas a negocios de natureza varias, que por motivos de traballo xustifiquen a súa necesidade”. Os populares pretendían así que os únicos beneficiarios fosen os establecementos.

 

Finalmente, nin a proposta nin a emenda foron debatidas, ao ser retirada a moción da Orde do Día. Con todo, conclúen: “este tipo de actuacións teñen que xurdir do consenso e do ben común. Por iso o criticamos no Pleno, e así o seguiremos facendo. A nosa misión é aportar e denunciar todo aquilo que consideramos que non se está a facer ben. Obviamente, isto pode molestar, pero o que está claro é que o noso obxectivo e facer unha oposición que redunde na mellora da xestión local e, por tanto, dos veciños”.