Partido Popular de Lugo

O PP de Guitiriz denuncia que o Goberno local “prescinda” nas Escolas Deportivas dos equipos senior de fútbol sala masculino e feminino

GUITIRIZ, 5 de xuño de 2017.- O Partido Popular de Guitiriz denuncia que a entidade local adoptase a decisión “unilateral e sen consultala con ninguén” de prescindir nas Escolas Deportivas dos equipos de fútbol sala senior masculino e feminino. Trátase da primeira vez, indican dende o PP, que o Concello “lles nega esta posibilidade aos rapaces”. Tal é así que, esta fin de semana foron os propios xogadores os que estenderon pancartas, nas que evidenciaban a súa queixa ante “tal despropósito”.

 

Por este motivo, o Grupo do Partido Popular critica que a alcaldesa non consensuase esta decisión, “cando menos cos afectados”, deixandoos así “totalmente desamparados”. “Dende logo non podemos permanecer alleos a esta cuestión e vémonos na obriga de denuncialo, pois para o PP o deporte e as escolas deportivas sempre foron e son importantes”, afirman.

 

Un feito moito grave”

Deste xeito, consideran que se trata “dun feito moi grave, xa que para outras actuacións si que teñen cartos”. Proba delo, indican, son os 44.000 euros que a entidade local recibiu da Deputación para o arranxo “dunha palleira” particular, situada ó carón da de Díaz Castro, e os 4.000 para o mobiliario da mesma.

 

“As Escolas Deportivas non son a ruina de ninguén. O deporte para Guitiriz ten que se primordial, pero o actual equipo de goberno o único que fai e dar mostras de desprezo neste senso”. Así o indica, subraian, o feito de que o equipo xuvenil veña de quedar subcampión de Galicia, e que ninguén do Concello acudise ao torneo para apoiar aos rapaces. “Isto é o moito que lles importa o deporte a alcaldesa e aos concelleiros socialistas”, denuncian.