O VICEDO, 2 de xuño de 2017.- Os deputados no Parlamento de Galicia e no Congreso, Daniel Vega e Jaime de Olano, respectivamente, continuaron este venres coa rolda de reunións que veñen mantendo nas últimas semanas con afiliados da Mariña. Deste xeito, este tipo de xuntanzas teñen como obxectivo escoitar as propostas dos asistentes e, no caso de ser posible, trasladalas ás administracións correspondentes. Deste volta, foi cos veciños de O Vicedo, a quenes lles explicaron os investimentos que prevén o Goberno Central e da Xunta de Galicia na Comarca.
Precisamente, os deputados subliñaron que “A Mariña, fronte ao que outros queren vender, está presente nos Orzamentos de ambas as dúas administracións”. Concretamente, Jaime de Olano destacou a recente aprobación dos Presupostos do Estado, que son “as contas do consenso”, nas que gasto social “é o auténtico protagonista”. O popular fixo esta afirmación porque sete de cada 10 euros do presuposto se destinan a este fin.
A este respecto, puxo de relevo que, por terceiro ano consecutivo, aumentará o crecemento nacional, que rondará o 3%; “algo que non pasaba dende hai dez anos”; un crecemento, destacou, “que tamén repercutirá na mellora das infraestruturas da Mariña e na creación de emprego”.
“Cremos que imos polo bo camiño”, coincidien os populares, pois “demostramos que somos o único Partido con sentido de estado. Fronte aos que se afanan en destruir, nós construimos, e facémolo con seriedade, pensando en todas aquelas familias, que son moitas, e que non o están a pasar nada ben”, remarcan.
“Con ánimo construtivo”
Para os populares “escoitar a militancia” é “unha cuestión primordial e que debe estar na axenda política de todos”. Por iso, engaden, “deseñamos este planning, co fin de axudar aos cidadáns e de dar unha resposta naquelas cuestión que nos demandan”. “Cremos que é un exercicio de responsabilidade”, afirman.
Os populares afrontan estas reunións “con ánimo construtivo”. “O que pretendemos é ser útiles”. A diferenza doutros Partidos, sinalan, “nós poñémonos a disposición dos cidadáns. Entendemos a política, e cremos que non pode ser doutro xeito, como un instrumento para axudar, non para liortas internas. Para iso, xa están outros”.
“Son unhas xuntanzas moi positivas porque tamén nos axudan como Partido a construír un proxecto, no que os veciños se sintan representados. As construcións comézanse pola base, e a base de calquera proxecto político son as persoas e ofrecer a cada idea unha proposta realista e executable”, conclúen.