Partido Popular de Lugo

O PP lamenta a incapacidade do Goberno provincial para facer unha defensa conxunta dos profesionais do sector vitivinícola afectados pola xeada

Lugo, 30 de maio de 2017.- O Grupo Provincial do PP conseguiu o apoios dos demais Grupos para que a Xunta estableza unha liña de axudas destinada a financiar os gastos de repoda, replantación e tratamentos fitosanitarios dos viñedos afectados pola xeada. Os populares solicitaron a posta en marcha destas axudas unha vez que o Goberno galego, en coordinación cos Consellos Reguladores, estea a facer unha valoración da superficie afectada pola xeada. Lamentan, sen embargo, que o Goberno provincial non fora capaz de facer unha defensa conxunta dos profesionais do sector para que foran da man da Xunta e os Consellos Regulares e se puidera votar de xeito conxunto as tres mocións que se presentaron.

 

O deputado Carlos Armesto asegurou que os viticultores da Ribeira Sacra “están de noraboa” porque nos preocupamos polas xeadas e por propor solucións, a pesar de que algún chegue a destempo. Explicou que o PP visitou a zona, falamos cos profesionais, falamos co Consello Regulador para ver as solucións que se poñen enriba da mesa e a conselleira desprazouse aos concellos afectados tanto nesta denominación como nas outras”. Avogou por remar todos na mesma dirección. “Hai unha moción do BNG que podemos matizar cando fala das porcentaxes de viñedo afectado porque en 2018 hai que presentar unha colleita e se dicimos que arrasou todo o viñedo pouca colleita imos presentar e non é certo”, engadiu.

 

En canto ao PSOE, precisou que “se sumou ao carro” cunha moción na que se recollen algunha barbaridades. Entre elas, falar de 16,3 millóns de quilos de uva e 21,6 millóns de botellas de viño. Armesto explicou que o Consello Regulador das 4 denominacións fixeron un sondeo e puxeron a disposición da Consellería as primeiras estimacións que van baixando e falan de 1.800 e 2.000 hectáreas afectadas. Esas 1.800 hectáreas non producen nin a metade nin deses 16 millóns de quilos e menos facer 21 millóns de botellas de viño.

 

Afeou que os socialistas viran a moción do BNG e a do PP e foi aí cando se puxeron a traballar “e ata o venres non soubemos se había moción ou non”. “Estaban pendentes do congreso de Madrid e non o puideron facer mellor”, espetou.

 

Criticou tamén que recollan aspectos que molestan moito ao sector, que a xeada lles vai impedir cumprir con tres parámetros coas expectativas de calidade, colleita e vendas. Armesto indicou que cando hai esas xeadas facilita a venda porque hai un nicho de mercado para ese viño e hai un repunte dos prezos.

 

A Xunta xa deu unha resposta

Desde o PP precisan que a Xunta xa sacou unha liña de axudas para a repoda, replantación e en volver aos tratamentos fitosanitarios e dispuxeron ata 10 millóns de euros con liñas de crédito brando. O que se poden previr son os danos e aí estase avanzando nos agroseguros a través do Ministerio e a Xunta. Así, a Consellería intenta que os tomadores poidan ser as propias denominación de orixe en representación da xente que produce e vende e ter unha garantía de futuro.

 

Armesto afirmou que o Goberno provincial debera “ser sensible e menten ao dicir que a Xunta abriu un precedente en Doade pagando entre 7.000 e 15.000 euros por hectárea para pagar os danos, é falso. Pagáronse 7.000 euros por hectárea, non ata 15.000 euros. Houbo xente con 7 ou 8 hectáreas e cobraron o máximo que se permitía, que eran 15.000 euros. A esa xente que non cobrou ese diñeiro que lle digan iso cando é un pouco esaxerado e, para rematar, culpan á Xunta de que xeara, xea nas zonas de viñedo non todos os anos e non sei se cando tiveron a sorte de gobernar fixo un decreto prohibindo as xeadas”.