Partido Popular de Lugo

O PP de Lourenzá califica de “surrealista” o Pleno celebrado recentemente pola Corporación

LOURENZÁ, 30 de maio de 2017.-O PP de Lourenzá califica de “surrealista” o Pleno celebrado recentemente pola Corporación. Proba delo, é que o propio Goberno retirou da orde do día o único punto que incluíran, relativo á ordenanza reguladora dos vados,. Pola contra, os populares presentaron 2 mocións, 4 rogos e preguntaron por 9 temas “de interese para os veciños”, o que evidencia, din, “un pasotismo claro” por parte do equipo local.

 

Neste senso, os populares agradecen que a rexedora adoptase a decisión de quitar este asunto da orde do día, porque prexudicaba seriamente aos negocios locais e, sobre todo, por que os cambios propostos non foran consultados nin cos afectados nin coa Asociación de Comerciantes local (ACIAL). “O que non aceptamos é que o retiren alegando para elo que houbo quen andivo sementando a dúbida sobre este asunto”. Tal contestación representa para os populares “un despropósito”, pois “a realidade é que a rexedora a retirou pola presión dos afectados, se foran dúbidas infundadas, non o houberan retirado, máis, nembargantes, o que debería de haber feito é consensuar tanto a ordenanza como o acordo proposto coas persoas implicadas e tamén cos grupos políticos”, destacan.

 

Veto ao PP e tardanzas nas contestacións

O grupo do PP critica tamén que o Executivo “tumbase” as dúas mocións presentadas por esta formación política, e que contaron co voto favorable do BNG. “Foron rexeitadas porque, segundo manifestou a propia alcaldesa referente ao plan de turismo municipal, non queren que nos poñamos tantos dende o Partido Popular a pesar de indicar que farían moitas das cousas que lle pedíamos, e, ademais, votan unha cousa cando gobernan e outra cando están na oposición”, salientan en relación a transferencia do Camiño A á Deputación.

 

Asemade, lamentan que a rexedora tardase dous meses en contestar a pregunta sobre quen asisitíu en representación do Concello de Lourenzá a reunión desenvolvida en Viveiro entre representantes da Xunta e os alcaldes da Mariña. “Loxicamente, se non contentou antes pode deberse a tres motivos, ou ben non quería recoñecer que en plena crise da pataca, non foi ninguén, ou ben descoñece o día a día do Concello, ou, queren impoñer o caracter ditatorial ao que xa nos ten acostumados facendo caso omiso ao traballo da oposición, do contrario, non nos explicamos que tardara dous meses en decirnos que non fora ninguén a mencianada reunión”, explican.

 

 

Deixadez”do Goberno

Noutra orde de asuntos, os populares queren salientar que “o pasotimo e a deixadez do Concello chegan a tal punto” que a alcaldesa deixou sen contestar preguntas tan sinxelas como as relativas ás previsións do Goberno para a mellora da zona do Ranchito ou a relativa á unidireccionalidade do Paseo de Oya.

 

“Unha vez máis, o Goberno dá a calada por resposta, a pesares de que, no primeiro caso, solicitou a montaxe e a instalación dunha pérgola no marco do Obradoiro da Xunta e só tiña que contestarnos se contemplaba no proxecto o arranxo das vallas que están tiradas dende xullo do 2015 e, no segundo, existe un acordo plenario de devolver a bidireccionalidade a este Paseo; cuestión que celebramos xa que non apoiamos esta cuestión cando a debatimos en pleno, máis gustaríanos saber se teñen previsto respectar este acordo posto que xa pasou preto dun ano e xa anunciou o cambio en bando unha vez aprobado" precisan.

 

A este respecto, pregúntanse: ¿por que non contesta a Sra. Alcaldesa, débese ao seu caracter ditatorial ou descoñece o que se está a facer no Concello?, insisten.

 

4 rogos

O Grupo do PP presentou tamén catros rogos, a través dos que se demandaba, por unha banda, o arranxo de dúas estradas, a antiga N-634 e tamén a estrada que vai de Santo Tomé a San Adriano por Lavandeira. Pregan que estes arranxos sexan incluidos no Plan Marco que financia a Xunta de Galicia, “pois cremos que é unha boa oportunidade, xa que son das máis deterioradas do concello”.

 

Debido ás queixas dos veciños demandaron máis celeridade no arranxo do alumeado público naqueles casos que os propios veciños pasan o aviso ao concello, e tamén das vaias da ponte do Xuncal, “que levan case un ano tiradas”. Asemade, “e dado que estamos nunha época propicia para arranxar as pistas forestais que están en mal estado”, esixiron o cumprimento da ordenanza que regula o uso das vías públicas, "xa que son moitos veciños que nos manifestaron as súas queixas por non poder acceder aos seus montes".

 

“Cremos que eran peticións necesarias pero que, unha vez máis, o Goberno fará caso omiso. Realmente isto é moi grave porque son peticións que as facemos porque así nolo transmiten os veciños. É dicir, que non só pasan do PP, senón que pasan amplamente das necesidades dos cidadáns. Isto é inaudito”, conclúen.