Partido Popular de Lugo

Preto de 300 persoas participan no encontro anual organizado polo distrito rural de Lugo

É o primeiro acto que Ramón Carballo afronta como presidente da Xunta Directiva Local, e que pon o colofón a unha fin de semana repleta de actos para a cidadanía, organizados por esta formación política; o que, en palabras da presidenta provincial, Elena Candia, demostra que "somos un exemplo de unión e de entendemento".