Partido Popular de Lugo

Carlos Armesto: “O proceso de inestabilidade, de confrontación e de tensión vivido estes días en España se comeza a vivir tamén en Lugo. Parece que son herdeiros do mesmo mentor”

LUGO, 25 de maio de 2017.- O secretario Xeral do Partido Popular de Lugo, Carlos Armesto, recoñece amosarse “estupefacto” ante as opinións, “cando menos chamativas”, realizadas por distintos representes socialistas locais e provincias e relativas ao futuro do PSOE nesta cidade e tamén na provincia. Todo isto, asegura Armesto, “só nos leva a unha conclusión, que o proceso de inestabilidade, de confrontación e de tensión vivido estes días en España se comeza a vivir tamén en Lugo. Parece que son herdeiros do mesmo mentor”.

 

A este respecto, o popular sinala que “certamente temos que dicir que non nos extraña porque o Partido Socialista a nivel xeral, e tamén nesta provincia, leva á deriva dende hai anos, pero moito máis dende o 2015. Non son capaces de crear un proxecto único, que aúne todas as sensibilidades…. Están máis preocupados das liortas que teñen entre eles para colocarse no sillón que de ofrecer un proxecto serio aos seus votantes e simpatizantes”.

 

O popular chega a esta conclusión, logo de que o presidente da Deputación propuxese no día de onte a Álvaro Santos como secretario provincial e que, tan só un día máis tarde, este decline polo momento aspirar a este posto; posto no que, pola contra, si que semella estar interesada a alcaldesa de Lugo. “Son como o exército de Pancho Villa. Primeiro queren, logo non queren…. Igual que na Deputación, primeiro un candidato, logo outro e, resulta que o real era o tapado. Isto é o mundo ao revés”, manifesta.

 

Damos exemplo de unidade e rigor”

A este respecto, considera unha mágoa ver “como un Partido se desestabiliza deste xeito, que non sexan capaces de ter máis altura de miras e pensar no que os seus militantes e simpatizantes necesitan. Eu, dende logo, se fose socialista estará moi cabreado e incluso doído por ver como o meu Partido se preocupa de todo, menos do seus votantes”.

 

Fronte a esta “tensión exacerbada”, destaca Armesto, está o Partido Popular que mañá afronta un proceso, “no que cremos que demos exemplo de unidade e rigor”. “Nós si que somos un Partido serio, cunha candidatura única e un candidato de consenso. Sen dúbida, somos a alternativa para os cidadáns desta provincia. Por algo fomos a lista máis votada na maior parte dos Concellos. O Partido Socialista se algo debería de ter aprendido é que os experimentos nunca saen ben e, en política, moito menos”. Con todo, “no Partido Popular estamos moi centrados. O noso obxectivo é o traballo e medrar nesta provincia. Fronte a líos, fotos, pancartas e promesas incumpridas que definen aos progresistas, nós practicamos o traballo en silencio. Fronte aos que destrúen, nós construímos”, conclúe Armesto.