Partido Popular de Lugo

O PP de Lourenzá solicita ao Goberno que cumpra co compromiso de dotar á oposición de locais para poder desenvolver correctamente o seu labor

LOURENZÁ, 24 de maio de 2017.- O grupo municipal do PP de Lourenzá demandará no Pleno de mañá que o Goberno local cumpra o compromiso electoral de dotar á oposición dos correspondentes locais para poder desenvolver correctamente o seu labor. Concretamente, os populares preguntarán á alcaldesa e ao seu equipo polas causas que motivan que o resto de grupos políticos aínda non dispoñan destas dependencias, xa que “pasaron dous anos e, a día de hoxe, aínda non temos un sitio para podernos reunir, a pesares de que este era un compromiso que levaban no programa de 2015”.

 

Deste xeito, os populares voltan a interarse por este asunto, sendo esta a cuarta ocasión que o fan, pois noutras tres solicitaron que se puxese a disposición dos concelleiros un local nas instalacións municipais”. “Nin cumpriron a promesa nin tampouco o artigo 27 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades Locais (ROF)”, indican. As solicitudes anteriormente indicadas foron rexistradas o 20 de novembro de 2015, 30 de maio de 2016 e mediante un rogo no pleno ordinario do posterior ao último rexistro.

 

Traballos de acondicionamento

Asemade, e dado que o Concello asinou un convenio co de Trabada mediante o cal a entidade local de Lourenzá dispón dun tractor para o desbroce de camiños pero, sen embargo, “nunca antes estiveran tan abandonados”, demandarán do Goberno que indique cantas horas fixo este vehículo, que tipo de traballos se executaron e se algún outro operario municipal empregou o tractor para o acondicionamento de zonas verdes.

 

Neste senso, e relacionado coa mesma materia, tamén pedirán explicacións polos traballos executados ao abeiro do Obradoiro de Emprego Serra da Cadeira II da Xunta de Galicia, pois a área recreativa do Ranchito, que podía ser mellorada con este iniciativa, atópase nunhas condicións moi deficitarias. Deste xeito, esixirán o desglose de actuacións que foron sufragdas polos case 20.000 euros concedidos pola administración autonómica dentro deste programa, e se o Goberno local prevé o arranxo desta zona e con cargo a que partida económica.

 

Custos de dubidosa xustificación”

Noutra orde de asuntos, este Grupo interesarase por actuacións sufragadas pola entidade local e que son “de dubidosa xustificación”. Trátase da organización do Día Internacional da Muller, pois non existe ningunha factura ao respecto; do abono de traballos de dobre rego asfáltico; dos ingresos contabilizados polo Concello no marco da celebración das últimas dúas anualidades da Festa da Faba e do procedemento empregado para a adquisición de material de limpeza.