Partido Popular de Lugo

O PP provincial nomea presidente da xestora de A Pastoriza ao enxeñeiro agrónomo, Luis Cabado Martínez

A PASTORIZA, 13 de maio de 2017.- O PP provincial nomea ao enxeñeiro agrónomo, Luis Cabado Martínez, presidente da xestora de A Pastoriza. Foi no transcurso da xuntanza que a presidenta, Elena Candia, e o secretario xeral, Carlos Armesto, mantiveron este sábado cos compañeiros e afiliados da agrupación local. O novo responsable asume o cargo “con ilusión”, enfocando o seu obxectivo nas vindeiras eleccións municipais. Neste senso, como primeira medida, anunciou a creación dun grupo de traballo e un equipo para detectar as necesidades dos veciños e intentar chegar a compromisos que redunden no beneficio dos mesmos.

 

Cabado Martínez ten 37 anos. É enxeñeiro agrónomo e conta cunha gran vinculación co Partido e a política local, debido ao cargos que desempeña na actualidade. Ocupa, ademais, o cargo de presidente das Novas Xeracións deste concello; posto que compaxiña co de concelleiro e voceiro do grupo municipal. Con este currículo, a dirección provincial amósase profundamente convencida de que o novo presidente reúne o perfil necesario para “seguir medrando neste concello”; un municipio, sinala Elena Candia, “no que o PP estivo ás portas de gañar as pasadas eleccións, situándose como os dez da provincia cos mellores resultados”.

 

Na mesma liña, Carlos Armesto animou ao novo presidente, así como a todo o grupo municipal a “seguir traballando”. “Fostes capaces de manter os resultados en momentos de dificultade política. Tedes unha base de militancia importe; é dicir, tedes e temos todo de cara para volver a gobernar en A Pastoriza”, afirmou.

 

Plena dedicación e un traballo que o avala

Cabado Martínez substitúe así a José Yáñez, que estivo á fronte do Partido “toda a vida, con plena dedicación e cun traballo que o avala”, segundo destacou a dirixente provincial. O presidente saínte, que deixa o posto por motivos persoais, que o obrigan facelo, agradeceu aos asistentes o apoio recibido durante tantos anos, ao tempo que lle desexou “moitos éxitos” ao seu sucesor, poñéndose a disposición do mesmo. “A Luis axudareino no que faga falla. Levo no PP toda a vida, e teño que dicir que foi o único Partido que fixo cousas importantes polos veciños. As grandes obras que se realizaron na Pastoriza teñen nome e apelidos: os do Partido Popular”, recoñeceu visiblemente emocionado.

Ninguén fixo tanto por Pastoriza”

Precisamente, en recoñecemento ao traballo desenvolto por Yáñez, que foi alcalde durante 24 anos (1983-2007), a dirixente provincial subliñou que “ninguén fixo tanto por Pastoriza”. Elena Candia referiuse así ás numerosas obras acometidas polo Goberno do PP. É o caso da pista de karting, que hoxe é un referente en Europa, e na que se teñen celebrado campionatos nacionais e galego; a urbanización da praza de Bretoña; a restauración da Casa da Cultura e a construción da nova casa consistorial; a reelectrificación, alumeado público e instalacións telefónicas no 100% de todas as parroquias do municipio; a creación do polígono industrial, no que hoxe están asentadas varias empresas; a reestruturación e restauración na maioría das instalacións para o centro médico e creación nun Punto de Atención á Infancia; a construción da residencia da terceira idade en Bretoña e do Instituto; a creación de varias áreas recrativas como a de Acebreiro ou de Fonmiñá, así como a praia fluvial de Baltar; a mellora do abastecemento de auga coa instalación de depuradoras; o acondicionamento de distintas estradas e mellora de accesos ás parroquias; a creación do punto limpo e centro de recollida de plásticos, ademais da construción dos polideportivos en Pastoriza e Bretoña, así como as escolas deportivas; entre outros proxectos.