Partido Popular de Lugo

Román Rodríguez e ElenaCandia reivindican a importancia de acadar un Pacto de Estado social e político pola Educación

LUGO, 11 de maio de 2017.-O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e a presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, reivindicaron este xoves, no transcurso da Xunta Directiva provincial, a necesidade de establecer un Pacto de Estado social e político en materia educativa. “Temos ante nósunhaoportunidade histórica”, subliñou o responsable autonómico, “e o noso deber e responsabilidade é aproveitala e sumar”. E é que segundo explicou, “istosó é posible dende a nosa óptica territorial para configurar tamén un sistema con maiorcalidade, capaz de formar aosprofesionais do futuro”.

 

Galicia acheganeste debate varias ideas, indicou o conselleiro. Concretamente, citou a necesidade de establecer currículos flexibles e acreditar as competencias de alumnos con necesidades específicas, para garantírunha educación máis inclusiva, capaz de conseguir que, ata os 18 anos, non se marchase ningún alumno dos centros educativos e, a maiores, que os titulados na formación básica obrigatoria se acerquen ao 100%. O modelo galegotaménquere ampliar en Galicia, e trasladar aoconxunto de España, a aposta decidida da Xunta polaintrodución das TIC nas aulas, o ensino plurilingüe, a Formación Profesional, o reforzo á función docente, así como por construírunhauniversidade adaptada ás necesidades da sociedade.

 

A Formación Profesional debe ser unha aposta indiscutible nos próximos anos

Nestesenso, a administración autonómica está xa a elaborar unhaestratexia de FP para a vindeira década, “coobxectivo de convertelanun elemento clave para a creación de emprego”, apuntou Román Rodríguez. Con esta finalidade, destacaron os populares, é preciso seguir impulsando medidas que permitan a correcta coordinación entre o tecido socioeconómico e tamén seguir avanzandonasmelloras dos centros.

 

Non en van, hoxe, Galicia dispóndun 50% máis de matriculados na FP que no curso 2008/09 e a formación profesional galega ten máis alumnos matriculados que o bacharelato. Ademais, a FP significa alta cualificación e, tamén, emprego. O último estudo sobre inserción laboral na Formación Profesional en Galicia mostra que preto de oito de cada dez alumnos titulados no curso 2013/14 (o 76,5%) sobre o conxunto dos activos teñen un posto de traballo, o que supón case 25 puntos máis con respecto aoestudo anterior.

Nesta aposta por este tipo de formación, os populares lembraron que tamén o profesorado é peza clave do avance do sistema educativo. Nestesenso, expuxeron que Galicia foi a primeiraComunidade en constituír un grupo de traballo para abordar as posibilidades de mellora da formación inicial dos futuros profesores.

 

Apoiodecidido en Lugo

En materia de Cultura, salientaron o apoio que a conselleríadesenvolve para a posta en valor do monumento máis universal da nosa provincia, a Muralla de Lugo, declarada Patrimonio da Humanidade. A Xunta leva investidos máis de 4 millóns de euros en obras de conservación e restauración e prevé actuar noutroscatro cubos nos vindeiros meses (cubos LXX e LXXI, situados no entorno do Edificio Administrativo da Xunta, para o que ser reservan 258.000 euros e cubos XIX e LXXX licitados en 446.212 euros).

 

Boa participación

Naxuntanza, presidida por Elena Candia, participaron, ademais do conselleiro, os integrantes da Xunta Directiva Provincial, alcaldes, voceiros e deputados provinciais e autonómicos, o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo;membrodeste órgano directivo, ou o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.