SARRIA, 10 de maio de 2017.- O grupo municipal do PP de Sarria asegura manifestarse “abraiado” ante a iniciativa da alcaldesa desta localidade de enviar unha misiva á dirección provincial do Partido Popular, pois, “no noso grupo, somos moi responsables das nosas decisións e das nosas votacións; votacións que, por certo, todas son legais e realizadas pensando no que é o mellor para os veciños”.
Deste xeito, consideran que, ante a “toxicidade que pretende crear a rexedora, o que ten que ter paciencia coa ela é o pobo de Sarria”. Neste senso, para os populares este é un exemplo máis de que, “día tras día, demostra que é a alcaldesa máis incompetente da provincia”. “Dende que chegou non é capaz de resolver os problemas, senón que creou máis e ten varios frontes abertos en todos os sectores”, destacan.
Un Goberno en minoría
Para o grupo do PP, a alcaldesa “esquécese de que está nun Goberno en minoría, sen ningún apoio no Pleno”. A este respecto, sinalan que “os dous terzos do pobo está representado na Oposición; unha representación que, por certo, está a ser ninguneada e se lle falta continuamente ao respecto”. Proba delo, aseguran, é a xestión do plan do casco histórico, que foi aprobado en Xunta de Goberno, sen levalo ao Pleno, e sen contestar as alegacións presentadas ao mesmo. “Compórtase como se tivese maioría absoluta e os veciños nin sequera tiveron o dereito recibir unha contestación ás súas alegacións. Isto é inaudito”, insisten.
Unha situación semellante, aclaran, é o acontecido coa Ponte Ribeira. “Existen informes xurídicos do Estado que indican que non se pode facer, a pesares de que ela mema os calificou bárbaros na sesión plenaria. Non o dicimos nós, dino os avogados”, afirman.
“Moléstalle que fagamos o noso traballo”
“O que parece é que lle molesta que fagamos o noso traballo. Esa é a nosa misión como Oposición e así o seguiremos facendo”. Así se refiren ao acontecido coa Oficina de Turismo, xa que, “por primeira vez, e en moitos anos, estivo inoperativa e desatendida na Semana Santa e días posteriores”.
Froito desta incompetencia, é tamén a tramitación da suspensión de pagos e deixar de pagar a traballadores e proveedores. “Sarria foi o único concello de toda España en facer algo semellante. Noutros lugares tamén hai gobernos en minoría, pero a alcaldesa que temos conseguiu poñernos no mapa como o concello máis incompetente do Estado”, subliñan.
Por todo elo, conclúen, estas misivas á dirección provincial “son insólitas. Amosan unha ausencia clara de coñecementos e de falta de rigor de forma de facer política, pois se existise un mínimo de vontade de consenso levaría os asuntos ao Pleno”, remarcan.