LOURENZÁ, 5 de maio de 2017.- O PP de Lourenzá considera que a alcaldesa “falta á verdade” con respecto á sentencia, e que emprega este asunto para “tapar a súa nefasta xestión”. Neste senso, os populares saen ao paso das últimas declaracións realizadas pola rexedora, considerando que o que pretende o Goberno local “non é outra cousa que terxiversar a información para intentar facer eles un lavado de cara do seu desastroso traballo”.
E é que, segundo precisan, a sentencia corresponde a unha obra de 2015 que, de xeito subsidiario é de competencia municipal, porque o promotor, que era o responsable da mesma, non a fixo. Dada esta situación, que clarifica o asunto, o Grupo municipal do PP prégalle ao equipo local que “diga as cousas como son e que non intenten confundir aos veciños”. A este respecto, esíxenlle que “faga dunha vez os deberes para non ter que seguir perdendo axudas da Xunta ou doutras administracións”; cuestión que, reiteran, “roza o desastre máis absoluto”.
“Non nos fai facer calar”
Por todo elo, e dado que a “a alcaldesa minte, non xestiona e engana aos cidadáns”, advirten que, “dende logo, dende a Oposición, denunciaremos cantas cuestións vexamos semellantes, e farémolo cantas veces sexa necesario”. “Por moito que intente enredar ou confundir, non nos fai facer calar”, conclúen.