Partido Popular de Lugo

O Grupo do PP censura que coa proposta “improvisada” sobre a cesión do Pazo dos Deportes se está a renunciar de xeito directo a súa titularidade

Lugo, 25 de abril de 2017.- O Grupo Provincial do PP abstívose na sesión plenaria de hoxe ante a proposta de Goberno de solicitude á Xunta de Galicia da cesión da titularidade do Pazo de Deportes ao considerar que se está ante unha iniciativa coa que o executivo socialista provincial “está a renunciar á propiedade da instalación deportiva”. Para os populares a proposta do equipo de Goberno “está pouco traballa, improvisada. É arriscada e inmadura, na que a Deputación non queda en boa situación”.

 

O vicevoceiro do Grupo Popular, Carlos Armesto, explica que no expediente da proposta “ponse en dúbida a propiedade do Pazo do Deportes”, sen identificar a súa titularidade por parte da Xunta ou de Deputación de Lugo. Porén, o Goberno socialista na iniciativa “xa de entrada prescinde da titularidade e pide á Xunta a súa cesión”, lamenta Armesto, cando existen indicios de que a administración provincial pode ser a propietaria do Pazo xa que é a dona dos terreos e máis sufragou durante estes anos o IBI.

 

Por isto, ante esta situación Armesto pediu “prudencia” e que, como mínimo, “deberan poñerse en contacto con Patrimonio da Xunta de Galicia e coa Secretaria Xeral para o Deporte” para que “se elaborase tamén un informe por parte da administración autonómica”. “Entendemos razoable que se existen dúbidas sobre a titularidade do Pazo corresponderá tamén á Xunta realizar unha comprobación previa para encargar outro informe xurídico que será, ou ben conforme ou ben contraditorio, ao elaborado pola Deputación, e que posteriormente deberíase actuar en consecuencia”.

 

“A nosa postura, e a nosa abstención é por responsabilidade. É a opción do sentido común”, xa que se está, remarcan, ante unha proposta “pouco traballada e improvisada, responsabilidade, non dos traballadores da Deputación como intentan manipular os socialistas, senón duns políticos irresponsables”. “Entendemos que non é malo que sexa a Deputación a titularidade do Pazo, polo que se debe ser prudente, e como mínimo deberan pedir un informe Á Xunta de Galicia E realizar as xestións oportunas, antes de dar por feito que o Pazo non é da Deputación”.

 

Polo tanto, o Grupo Popular abstívose porque defende o positivismo de que o Pazo de Deportes sexa da Deputación pero entende que “non se debe seguir o proceder que está a facer o Goberno provincial, xa que coa súa proposta está a renuncia directamente á propiedade da instalación”, e, sen dicir, ademais, “para que finalidade requiren a titularidade do Pazo”.