LUGO, 20 de abril de 2017.- A Xunta Directiva Local, tal e como se anunciou este martes por parte dos presidentes provincial e local, Elena Candia e Jaime Castiñeira, respectivamente, ratificou a convocatoria do Congreso e aprobou o cronograma do mesmo, así como o nomeamento da Comisión Organizadora. Deste xeito, a cita para renovar a dirección da Xunta Directiva Local terá lugar o 26 de maio, ás 17:30 horas, no salón de acto do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. Asemade, a Comisión Organizadora está formada por:
-
Presidente: Eugenio Corral Álvarez. Membro da Xunta Directiva Provincial e responsable da área Valedor do Militante, incluída no organigrama do Partido Popular.
-
Vicepresidenta: Sofía López Linares. Membro da Xunta Directiva Provincial e ex concelleira do concello de Lugo.
-
Secretario: Manuel Platero Campo. Xerente do Partido.
-
Vogais: Yaiza Neira Mato e Juan Manuel Castro Pena. A primeira, ocupa o cargo de presidenta de Novas Xeracións de Lugo e, Castro Pena, o de responsable do Partido na zona de Galegos.
Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos ata que se celebre a asemblea; momento no que asumirá ditas competencias a Mesa do Congreso.
Prazos candidaturas e avais
O prazo para a presentación de candidaturas ante a Comisión Organizadora rematará o 2 de maio, ás 19:00 horas, e deben de ir acompañadas de 50 avais como mínimo. Ese mesmo día, tamén finalizará o período para poñerse ao corrente de pago das cotas de militante; requisito indispensable para poder participar no Congreso.
O 4 maio terá lugar a proclamación de candidato/os e darase a coñecer a convocatoria de campaña electoral interna. O día 5, os candidatos proclamados que desexen optar á presidencia iniciarán a campaña electoral, que rematará o 24 de maio.
En canto aos prazos para a elección dos Órganos de Dirección, ese mesmo día, o día 24, rematará, ás 19:00 horas, o período de presentación de avais das candidaturas, que como mínimo deberán de ir acompañadas de 100 sinaturas. Finalmente, o día 26, ás 18.30 horas, rematará o tempo de presentación das candidaturas ao Congreso.
A afiliación será a protagonista no proceso
Ao congreso está chamados a participar os afiliados da cidade de Lugo. Por tanto, todos os que aspiren á presidencia terán que presentar ante a Comisión un escrito no que declaren a súa intención de ser candidato. Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no congreso será necesario estar inscrito no censo de afiliados. Deste xeito, todo aquel que o desexe poderá comprobar as súas circunstancias na sede do Partido para votar ou ser elixido. Ao longo do día de mañá, a organización porá a disposición dos interesado na web www.ppdelugo.es tanto o regulamento do Congreso aprobado no día de hoxe como o modelo que deben presentar coa relación da apoios á proclamación de candidato.