LOURENZÁ, 10 de abril de 2017.- O Partido Popular de Lourenzá denuncia “o pasotismo sen límites” do Goberno local para potenciar o municipio en materia de turismo. Neste senso, a voceira desta formación política, Emma Álvarez, lamenta “profundamente” que, “xa inmersos na Semana Santa”, itinerarios como a ruta de sendeirismo Val de Lourenzá permanezan nun estado “deplorable e de abandono”.
Concretamente, e debido, novamente, “a unha deixadez de funcións clara e notoria do Executivo”, os populares consideran que a alcaldesa “está perdendo o tren que outros concellos da Mariña están sabendo aproveitar”. E é que o 5 de xuño de 2010 estrenábase a ruta; un itinerario deseñado en estreita colaboración co presidente da asociación de sendeirismo e co clube ciclista locais. Nacía así, lembran dende o PP, co propósito de dar a coñecer este val e atraer a visitantes de fóra que se achegasen a pasar todo un día a este municipio. Precisamente, transcorre por todos os puntos de máximo interese da zona: Pazo de Tovar, muíño de Pereiro ou o Mirador da Valiña, entre outros elementos de interese.
“O concello non fixo outra labor de mantemento, nin de difusión”
A día de hoxe, e malia que o actual equipo de goberno continuou co proxecto de xeorreferenciar a ruta, está a sofrir un importante deterioro por mor de que o concello no fixo outra labor de mantemento, nin de difusión. Tamén, a consecuencia da actividade madereira sen control que se exerce no municipio, hai treitos intransitables, nos que advirte a popular, “mesmo algún madeirista sacou a sinalización nalgún punto en concreto sen que se lle esixira por parte do concello voltar a colocala, nin tampouco o fixo a entidade local”.
Necesidade dun “apoio activo”
É por este motivo, polo que grupo municipal lle prega ao equipo de goberno “un apoio activo a este recurso que temos e que supuxo un importante desembolso económico das arcas públicas”, comezando por repoñer a sinalización, o arranxo da baixada que quedara pendente en Lavandeira de San Adriano, e, finalmente, mantela limpa de maleza e de escombros para, posteriormente, promocionala de cara ao verán, “xa que para esta Semana Santa lamentablemente xa non se chega a tempo”.
“Sen dúbida, é unha mágoa que teñamos un recurso que pode ser un potencial turístico importante, pois noutros concellos están a aproveitalos, tendo un gran tirón de visitantes, pero en Lourenzá está desaproveitado polo sectarismo político da actual alcaldesa”, insisten os populares.