Sarria, 6 de abril de 2017.- A Xunta Directiva de Novas Xeracións do PP de Sarria vén de convocar o Congreso Extraordinario local para o día 5 de maio. A formación mantivo onte unha reunión na que acordaron que o Comité Organizador do Congreso estará formado pola presidenta, Vanesa Pontón, o secretario, Iván López e o vogal, Jonathan López.
A presidenta de NNXX na provincia de Lugo, a quiroguesa Rosa Arza, puxo de relevo a importancia da celebración desta cita e apuntou que se trata do primeiro dos congresos que se vai a celebrar na provincia “logo dun intenso traballo de afiliación no partido a nivel local”.
Arza destacou ademais que esta convocatoria “ten como obxectivo revitalizar a organización e seguir sumando a voz dos mozos e mozas na formación”.
A Xunta Directiva de NNXX na provincia deu a coñecer ademais os prazos que rexerán tras a súa convocatoria. O cronograma do congreso será o seguinte:
5 Abril – Convocatoria Congreso
10-20 Abril – Presentación candidaturas
21 Abril – Proclamación de Candidatos
22 – 29 Abril – Campaña Electoral Interna
5 de maio- Celebración do Congreso Local en Sarria
Desde a dirección de NNXX quixeron animar aos seus compañeiros mozos e mozas a implicarse co partido “para seguir articulando un proxecto para a provincia” e alentaron aos militantes a presentar as súas candidaturas e a formar parte deste proceso.