Lugo, 28 de marzo de 2017.- O Grupo Provincial do PP abandonou o Pleno en sinal de protesta ante a decisión do presidente de non retirar a moción do PSOE na que pretendían reprobar ao subdelegado do Goberno en Lugo por unhas manifestación polas que hoxe mesmo pediu desculpas. “Non imos permitir esta vendetta”, preciso Carlos Armesto.
O deputado Carlos Armesto explicou que a violencia de xénero non pode ser nunca un arma arroxadiza “e todos os partidos traballamos duramente contra violencia machista e isto ten que ser unha cuestión de Estado”. “Vaia por diante, engadiu, a nosa condena contra calquera manifestación da violencia de xénero e o noso apoio e respecto a todas as vítimas”.
“Pasou todo un mes o PSOE para traer unha moción construtiva, para demandar algún servizo ou mellorar a calidade de vida dos lucenses e o que traen e esta moción falsa, inxusta, frívola e demagóxica”, apuntou.
“Non se lle cae a cara de vergoña ao señor Santos como promotor desta moción? Ata onde queremos manchar esta institución? Ata onde queremos xogar co dor das vítimas da violencia de xénero para a súa promoción política? Lamento que o PSOE poida caer tan baixo. Tenta xogar coa credibilidade e honorabilidade das persoas, poñendo unha vez máis a esta institución a prol dos intereses partidistas. Ata onde queren manchar a vida pública? Ata onde queren baixar o listón?”, preguntouse o deputado.
“Pretenden a reprobación dunha persoa seria, honrada, traballadora e moi valorada por toda a sociedade lucense. Unha persoa intachable cunha traxectoria pública longa e envexable tanto na administración local, como no Parlamento como na delegación de Agricultura e agora a súa etapa ao fronte da Subdelegación do Goberno”
Os populares reproduciron unha declaracións da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, non ante unha agresión sexual como foi no paseo do Miño, senón ante unha violación consumada que se produciu en Lugo sobre o que dixo que “era un feito puntual”.
O deputado preguntoulle ao PSOE se tamén van traer aquí a reprobación da señora Méndez cuxas declaracións “si que son bastante máis graves que as do señor Carballo. Ou as da deputada Sonsoles que chamou a todos os compañeiros do PP maltratadores”.
“Non se pode utilizar unha institución pensado só no ego dun partido e no ego persoal, nunca vin caer tan baixo en política. Os políticos temos que poñernos serios e estar á altura das circunstancias”, concluíu o deputado.