Partido Popular de Lugo

Elena Candia e José Manuel Balseiro abordarán en Navia de Suarna as políticas de benestar no medio rural

LUGO, 24 de marzo de 2017.- A presidenta provincial do PP, Elena Candia, acompañada de José Manuel Balseiro, abordarán mañá, sábado, as políticas de benestar no medio rural. Será nun encontro que terá lugar a partires das 20:00 horas, na cafetería Navia, e para o que se contará tamén coa presenza e participación de especialistas na materia.

 

Deste xeito, os populares, nun encontro aberto a toda a cidadanía, analizarán e exporán aos asistentes as principais medidas que se están a levar a cabo nesta materia tanto dende as administracións con responsabilidades de goberno, coma onde se é Oposición e a súa participación é decisiva para que os dirixentes cambien a súa política de xestión, co fin de dotar aos veciños de servizos básicos e de infraestruturas que melloren a súa calidade de vida.

 

Neste senso, entre outras cuestións, explicarán que o benestar está no centro da axenda pública do Partido Popular, pero que este tamén implica un esforzo por parte de todos os gobernos para implementar políticas que vaian destinadas ao fomento da mellora das condicións dos cidadáns e a atallar outros dos retos que afronta esta provincia, o despoboamento e o avellantamento. Así, os populares enfocarán a xuntanza sobre as decisións que configuran as condutas demográficas, entendendo que os nacementos, a lonxevidade da cidadanía e as migracións afectan ás variacións da poboación nunha zona rural como pode ser Navia de Suarna e toda a Montaña de Lugo.

 

Con este encontro, trátase, en última instancia, de continuar co obxectivo marcado dende a presidencia de achegar o Partido a todos. Por iso, esta reunión non é unha actividade illada dentro das liñas estratéxicas do PP de Lugo, senón que complementa o traballo que se leva facendo neste campo nos últimos meses. A reunión deste sábado súmase así a outras iniciativas desenvolvidas nos últimos meses relacionadas coa Educación, a Sanidade ou co tecido asociativo da provincia.