Partido Popular de Lugo

García Díez proponlle a Renfe novos servizos que melloren as actuais frecuencias ferroviarias en Lugo

Lugo, 18 de marzo de 2016.- O deputado do Partido Popular por Lugo Joaquín García Díez reuniuse esta semana cos responsables de Renfe para proporlles novos servizos que melloren as actuais frecuencias ferroviarias na provincia de Lugo.

 

O deputado valora os cambios que xa se teñen posto en marcha, pero advirte da necesidade de seguir mellorando e corrixindo algunhas carencias, motivo polo que mantivo contactos con responsables de Renfe e do Ministerio de Fomento aos que lles entregou un documento no que se concretan as propostas de novos avances. De ser aceptados, os lucenses verían melloradas as súas opcións de viaxe con Sarria, Monforte, A Coruña e Ourense.

 

Aumento da frecuencia entre Lugo e A Coruña

Así, para paliar a actual carencia de servizos entre A Coruña e Lugo proponse utilizar o tren procedente de A Coruña que actualmente permanece parado na estación de Lugo desde as 10:56 horas e ata as 19:45 horas que volve saír cara A Coruña, para que pase a realizar un novo servizo saíndo de Lugo ás 12:45 horas e con chegada a destino ás 14:25 horas. O regreso desde A Coruña tería saída ás 14:50 horas e chegada a Lugo ás 16:26 horas. O deputado explica que con esta solución poderíase reducir o baleiro de trens entre ambas as cidades nunha importante franxa horaria.

 

A adopción destas medidas conlevaría ademais estudar a parada de todos os servizos de media distancia en Guitiriz.

 

Novas propostas para a conexión con Ourense

A liña de Lugo con Ourense non ten na actualidade conexións a partir das catro da tarde. En sentido inverso non existen tren antes do mediodía. García Díez traslada unha proposta con dúas posibles actuacións para corrixir esta situación.

 

A primeira delas consiste en prolongar o percorrido actual do tren que sae de Lugo ás 21:35 horas e que agora remata en Monforte ata Ourense con chegada á cidade das Burgas ás 23:15 horas. En sentido inverso, a viaxe matinal que se inicia en Monforte sairía desde Ourense a Lugo ás 06:45 horas.

 

A segunda das propostas pasaría por establecer un novo tren entre Ourense e Monforte sobre as 07:45 horas que permitiría enlazar a cidade do Cabe co Intercity das 08:45 horas e con chegada a Lugo ás 09:30 horas. En sentido contrario tamén se utilizaría a combinación do Intercity que sae de Lugo ás 19:24 horas cun novo tren que saíndo de Monforte ás 20:30 horas chegaría a Ourense ás 21:15 horas.

 

De poñerse en práctica estas solucións teríamos conexións por tren entre Lugo e Ourense con saídas diarias ás 08:26; 11:10; 16:00; 19:24 e 21:35 horas. En sentido inverso, os trens sairían desde Ourense cara a Lugo ás 06:45; 8:35; 12:00; 17:52 e 19:50 horas. Deste xeito, apunta o deputado, melloraría sensiblemente a oferta actual e cubriríase a franxa horaria que actualmente non conta con ningún servizo entre ambas as cidades con paradas en Sarria e Monforte e facilitando tamén novas conexións con Madrid.

 

Reunión cono Renfe e Fomento

Joaquín García Díez trasladoulle estas propostas ao Director General de Renfe Viajeros, Ramón Azuara, así como ao Secretario General de Infraestructuras do Ministerio de Fomento, Manuel Niño, posto que as cuestións orzamentarias necesarias para cubrir estes servizos teñen que ser aprobadas polo Ministerio de Fomento.

 

O deputado precisa que estas melloras propostas son solucións a curto prazo e non substitúen as necesarias e urxentes derivadas dos investimentos en novas infraestruturas que permitirán acurtar de xeito definitivo os tempos de conexión aumentando as velocidades medias de circulación e posibilitando a competencia con ouros medios de transporte. Así, desde o Partido Popular afirman que seguirán insistindo nesas solucións definitivas e que estas se vexan reflectidas nos presupostos xerais do Estado dos próximos anos.

 

Novas reivindicacións

As propostas que traslada o deputado do PP de Lugo chegan un ano despois da posta en funcionamento dos novos servizos ferroviarios para unir Lugo con Monforte e Ourense enlazando hacia Madrid, e Lugo coa Coruña co propósito de que se sigan a facer mellores nas liñas. Joaquín García recorda que desde o 1 de febreiro de 2016 se puxeron en servizo novos trens e frecuencias que supuxeron unha importante mellora nas comunicacións ferroviarias entre Galicia e Madrid.