Partido Popular de Lugo

Grazas ao PP, os concellos nos que non goberna este Partido recibirán preto de 10 millóns do Plan Único da Deputación

LUGO/A POBRA DE BROLLÓN, 17 de marzo de 2017.- A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, explicou este venres aos voceiros dos concellos nos que non goberna esta formación política que, tanto polas xestións realizadas por este Grupo e as negociacións previas ao Pleno de aprobación do Orzamento de 2017, como pola abstención no momento da votación, estas entidades locais precibirán un total de 9.955.566 euros dentro do Plan Único da Deputación. Son, concretamente, os municipios de Alfoz, Becerreá, Burela, Castroverde, Cervantes, Chantada, A Fonsagrada, Guitiriz, O Incio, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Sarria, Trabada, O Valadouro, Viveiro e Xermade.

 

“Creo que o Goberno provincial tivo altura de miras ao escoitar os plantexamentos que lle fixemos nas distintas reunións que tivemos. Así, grazas á nosa aportación, estamos a conseguir que a Deputación dé un xiro importante para converterse nunha institución útil e de apoio ao municipalismo, pois este, malia que non foi así nos últimos anos co bipartito, debe ser o fin último desta administración”. A este respecto, engadiu, “sentamos as bases para que os socialistas abandonen esa política de favorecer só aos que me interesa, pola de gobernar dun xeito máis equilibrado e equitativo”.

 

Deste xeito, a postura do Partido Popular foi claramente determinante para que a institución provincial dispoña de presuposto, pois só coa abstención do BNG, o visto e prace xamais sería posible. “Creo que quedou meridianamente claro, e estou convencida de que así o interpretaron os veciños desta provincia, que o PP sempre tivo vontade política de facilitar a súa aprobación. Fomos responsables e coherentes, chegando incluso a acordos con outros grupos porque o único que defendemos e defenderemos son os interesantes dos lucenses”, concluiu.

 

Distribución por concellos

O reparto destes fondos establécese nun mínimo fixo de 150.000 euros para todos os municipios e un importe variable en función dos criterios de superficie, que representa o 20%; as entidades de poboación, o 25%; a poboación, o 40%; e o avellentamento, o 15% restante. Segundo esta ponderación, os preto de 10 millóns indicados, irán destinados a obras que beneficien aos 221.797 veciños, pertencentes ao 4.546 núcleos que conforman estes concellos, e que ocupan unha extensión de 4.728,9 metros cadrados.

 

Deste xeito, Elena Candia, e tal e como se pode ver na seguinte táboa, explicou aos seus compañeiros de Partido como queda esta distribución en cada caso concreto:

 

CONCELLOS

SUPERFICIE (m2)

ENTIDADES POBOACIÓN

POBOACIÓN

ÍNDICE AVELLENTAMENTO (IE)

TOTAL €

ALFOZ

77,5

153

1.818

417,70

255.009,35

BECERREÁ

172,0

115

2.921

410,00

283.731,86

BURELA

7,8

1

9.552

89,80

333.826,89

CASTROVERDE

174,1

117

2.726

404,60

280.749,43

CERVANTES

277,6

138

1.458

679,50

294.113,34

CHANTADA

176,7

280

8.431

239,60

420.676,10

FONSAGRADA

438,5

278

3.768

610,00

399.270,57

O INCIO

146,1

125

1.740

754,90

274.577,26

LÁNCARA

121,7

151

2.702

334,90

275.701,22

LOURENZÁ

62,6

89

2.259

291,00

238.937,89

LUGO

329,8

320

98.268

115,90

500.000

MEIRA

46,6

39

1.747

235,40

211.508,51

MONFORTE

199,5

232

18.922

205,30

500.000

MONTERROSO

114,6

115

3.741

252,90

281.176,55

MURAS

163,8

189

668

658,10

269.498,97

NAVIA DE SUARNA

242,6

102

1.186

919,50

284.138,39

NEGUEIRA DE MUÑIZ

72,3

31

215

302,10

188.788,50

OUROL

142,1

230

1.034

691,80

283.861,16

A PASTORIZA

175,0

176

3.212

320,60

300.869,23

PEDRAFITA DO CEBREIRO

104,9

53

1.088

860,60

241.467,93

A POBRA DO BROLLÓN

176,7

88

1.752

627,90

265.802,36

POL

125,9

111

1.696

385,30

250.066,74

A PONTENOVA

135,8

67

2.402

418,90

255.700,46

RÁBADE

5,2

1

1.521

214,80

189.123,50

RIBADEO

108,9

135

9.972

147,60

396.569,51

RIBAS DE SIL

67,8

45

992

557,30

217.212,17

RIBEIRA DE PIQUÍN

73,0

38

570

727,80

216.157,77

SAMOS

136,8

111

1.392

620,90

256.914,28

SARRIA

184,6

263

13.337

187,30

500.000

TRABADA

82,7

122

1.133

441,60

236.603,70

O VALADOURO

110,4

183

2.016

332,40

268.582,58

VIVEIRO

109,3

248

15.615

157,70

500.000

XERMADE

166,3

200

1.943

397,90

284.930,36

 

4.728,9

4.546

221.797

14.011,6

9.955.566

 

Coa afiliación de A Probra do Brollón

Logo desta reunión, a presidenta do Partido Popular, acompañada do secretario Xeral, Carlos Armesto; das deputadas autonómicas, Julia Rodríguez e Raquel Arias; e do senador por Lugo, Dámaso López; desprazouse ata A Pobra do Brollón, onde mantivo un encontro de confraternización con afiliados e simpatizantes da localidade. Este celebrouse en Labrada e enmárcase dentro do programa de xuntanzas que a presidenta vén mantendo con distintas agrupacións da provincia, co fin de escoitar as súas demandas e de dar unha resposta ás peticións da militancia.

 

No transcurso do mesmo, e dado que este municipio lidera a listaxe de concellos máis avellentados da provincia, Elena Candia aproveitou a ocasión para trasladarlles a importancia de que as administracións activen liñas de actuación para atallar as que son unhas das principais lacras desta provincia, a dispresión xeográfica e o avellentemanto poboacional.

 

Como exemplo disto, citou, novamente, o Plan Único aprobado grazas á postura da Oposición, e no que a lonxevidade representa o 15% das achegas que van recibir os concellos.

 

Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), A Pobra de Brollón, cun 48,3%, lidera a maior porcentaxe de cidadáns en idades provectas. Se en A Coruña e Pontevedra ningún concello se conforma con menos dun 10% de peso de mozos sobre o total da poboación, en Ourense e Lugo esta porcentaxe convértese nunha quimera para 44 municipios, 34 deles na provincia ourensana e unha decena na lucense. Neste caso, o que o leva peor é Folgoso do Courel, con só un 7,1% de veciños que aínda non cumpriron os 25 anos.