LUGO, 8 de marzo de 2017.- O presidenta provincial do PP, Elena Candia, acompañada dos integrantes da Comisión de Igualdade que coordina María José Blanco, da alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e da deputada provincial, Mari Teijeiro, presentou este mércores acto co que esta formación política conmemora a Día Internacional da Muller. No encontro, que se celebrará este sábado na Cada da Xuventude de Mondoñedo, abordarase “a extraordinaria” función que as mulleres desempeñan no rural.
“Neste día, 8 de marzo, Día da Muller, e con este acto, queremos poñer en valor o seu traballo, pois son elas a que dan vida ao rural. Elas son as responsables do sustento afectivo para o desenvolvemento dos fogares e, grazas a elas, moitas de nós, entre as que me inclúo, puidemos ter unha carreira profesional acorde coas esixencias da sociedade actual”, destacou a dirixente dos populares.
Como exemplo deste “sobreesforzo”, Elena Candia citou que, segundo un estudo realizado recentemente pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), o 90% das mulleres se encargan do traballo doméstico en solitario, ao que hai que engadir a súa actividade na explotación. E todo elo, sinalou, a pesares de ter unhas pensións un 35% inferiores aos dos homes, tal e como revela dito informe. “Cando hai dificultades económicas, a primeira cotización que se perde é a das mulleres. Moitas seguen sen tributar ou chegan á idade de xubilación con pouco máis de 15 anos cotizados”, lamentou.
Impulso para a súa profesionalización
Por iso, a dirixente do Partido destacou a importancia de que as administracións activen liñas de axudas para fomentar o desenvolvemento profesional deste colectivo. A este respecto, subraiou “o apoio” da consellería de Medio Rural, a través, por exemplo, da resolución do 30 de decembro de 2016, referida ás achegas a mozos de 18 a 40 anos para novas incorporacións de actividade agraria. Segundo esta orde, Lugo é a provincia máis beneficiada. En total, 268 persoas recibiron 9,8 millóns de euros, o 40% do total destinado a toda Galicia. Destes perceptores, cabe destacar que 112 foron mulleres e 156 homes, e cada titular percibiu entre 20.000 a 70.000 euros.
Protagonismo da muller no Partido
A responsable provincial, que agradeceu a presenza das acompañantes, “aínda que non están todas as que somos, pois moitas das outras compañeiras que tamén teñen responsabilidades no Partido, a súa axenda pública non lles permite estar hoxe aquí”, subraiou tamén que “a incorporación política da muller no medio rural ten que ser unha das nosas fortalezas”. Neste senso, aplaudiu a valentía de todas as que deron un paso adiante, co que supón de menoscabo á súa vida familiar.
“Un programa de 10”
Para abordar este asunto, a Comisión de Igualdade realizou numerosas xestións para plantexar “un programa de 10”. Deste xeito, abordaranse os distintos desafíos deste colectivo, así como as súas principais demandas. A inauguración terá lugar ás 10.00 horas, e correrá a cargo da Directora Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Esperanza Orellana, da propia presidenta provincial e da coordinadora de Igualdade do Partido Popular de Galicia, Susana López Abella.
Ás 11.00 horas, a pedagoga e educadora familiar do concello de Xermade, Manuela Vilaboy, disertará sobre os retos das familias rurais galegas. Seguidamente, ás 11:30 horas, haberá unha visita a unha explotación gandeira e, a partires das 12:00 horas, unha mesa redonda sobre o emprendemento feminino no rural. Estará moderada pola presidenta da Asociación de Mulleres e Igualdade de Burela, Mary Fraga, e intervirán a presidenta de FADEMUR Galicia, Rosa Arcos; a titular de Granxa Maruxa, Marta Álvarez; a integrante de Fish and Jobs, Exportación de pescado a nivel internacional, Alba Cao; e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro. O encontro rematará cunha visita ás 13:00 horas á cooperativa de artesáns mindoniense “Os Muiños”.
Cartel día internacional da muller