Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo denuncia “de xeito contundente” o novo acto vandálico perpetrado contra o busto de Manuel Fraga

Lugo, 3 de marzo de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo denuncia “de xeito contundente” o novo acto vandálico perpetrado no día de onte en Vilalba contra o busto de Manuel Fraga asentado na alameda da súa terra natal.

 

Ante este feito, que non é a primeira vez que acontece, os populares queren poñer de manifesto que o recurso a este tipo de accións é inaceptable e absolutamente antidemocrático, como así o entenden todos os cidadáns.

 

Dende o Partido Popular de Lugo piden respecto a un político do que resaltan o seu enorme compromiso público, o seu legado, así como o seu incansable traballo por Galicia. “Así o souberon valorar os cidadáns independentemente da súa ideoloxía política”, conclúen.