Partido Popular de Lugo

Elena Candia moderará o debate “Avanzando en Igualdade nos concellos galegos”, no marco do Día Internacional da Muller, organizado polo PP de Galicia

LUGO, 3 de marzo de 2017.- A presidenta provincial do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, moderará a mesa-debate “Avanzando en Igualdade nos concellos galegos”, no marco do acto co que o PP de Galicia conmemora este sábado en Santiago e Compostela o Día Internacional da Muller. Deste xeito, a dirixente desta formación política participará no encontro xunto aos alcaldes de Ourense, Moraña, Santa Comba, e Cercedo; Jesús Vázquez, Luisa Piñeiro, María Josefa Pose e Jorge Cubela, respectivamente. Este foro, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen, dará comezo ás 11.30 horas e prolongarase ata as 12:15 aproximadamente.

 

Previamente, á participación da alcaldesa de Mondoñedo, a partires das 10.30 horas, desenvolverase a xornada “Avanzando en Igualdade no Goberno Autonómico”, que estará dirixida polo presidente de Novas Xeracións, Diego Gago, e contará coa intervención dos conselleiros de Política Social e de Medio Rural, José Manuel Rey e Ángelez Vázquez, respectivamente; así como da Delegada Territorial de Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

 

Finalmente, o acto que será clausurado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ás 13:00 horas, inclúe unha última mesa-debate, denominada “Avanzando en Igualdade nas Institucións. Neste caso, a vicevoceira e presidenta da Comisión de Igualdade do Parlamento de Galicia, Paula Prado, será a encargada de moderala. Intervirán o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; a secretaria de Estado de Economía, Irene Garrido Valenzuela; o voceiro do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro; o voceiro do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy Fraga; e a vicevoceira no Congreso dos Deputados, Marta González.