Partido Popular de Lugo

O Grupo Popular censura a “total” falta de compromiso da Deputación co turismo que nin “tan sequera conta cunha web que sirva de escaparate da provincia”

Lugo, 11 de febreiro de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular censura “a desgana” do Goberno da Deputación de Lugo á hora de traballar pola potenciación do sector turístico na provincia, xa que o organismo lucense “nin tan sequera conta cunha web en condicións que sirva de escaparate da nosa provincia”. Se queren implicarse co sector deberían empezar por algo tan básico, ofrecer un portal que funcione”, considera a voceira dos populares, Elena Candia, quen engade que é “total” a falta de compromiso dos socialistas con “Lugo e co seu turismo”.

 

Ademais, Candia engade que o “pouco traballo” do Goberno na Deputación de Lugo en materia de turismo evidénciase tamén en que durante 2016 o presidente socialista, Darío Campos, pese a contar nos orzamentos cunha partida de 1,2 millóns de euros, só “foi quen de iniciar o proceso de contratación dun plan en materia turística, que segue pendente, e elaborar uns spots audiovisuais”.

Análise da web

Ao analizar a web oficial da Deputación de Lugo, os populares “non entenden” como esta institución pública ofrece aos visitantes “un portal, cuxo apartado sobre información turística leva meses en construción”.

Os populares precisan que ao acceder ao apartado da web da Deputación ‘Turismo na Provincia’ figura: Sitio en construción. Proximamente en Línea. Unha situación, segundo o Grupo Popular, que leva dándose tempo, “mesmo antes de que o presidente da Deputación asistise a Fitur”.

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_1_principal1.jsp?codResi=1&language=gl

 

De igual xeito, dende o Grupo Popular comproban que na  mesma páxina web da Deputación, no apartado de Área de Promoción do Territorio e Turismo, en Enlaces Adicionais – LugoTerra, aparece a mensaxe: Página no encontrada. Por favor revise la dirección solicitada.

 

 

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdes_d4_v2.jsp&codbusqueda=563&language=gl&codResi=1&codMenuPN=4&codMenuSN=98&codMenu=676&level=1%20Recibidos%20x

 

Co PSOE, en Lugo nada cambia

 

En relación ao portal web, Elena Candia tamén precisou que “a única novidade que publicou o equipo de Goberno na web, coincidindo coa Feira Internacional de Turismo en Madrid, foron uns vídeos que aparecían nun banner, pero non no enlace específico de turismo, baixo o slogan de Lugo Cambia”. Así a popular analiza en relación con este feito que “quen non coñeza o novo slogan é moi probable que non se dea conta de que nese banner figura información sobre a promoción turística. Ademais, a popular precisa que “mentres que o vídeo remata coa frase ‘Precisas un cambio…? Lugo cambia’, cos socialistas a promoción turística non cambiou, nin mellorou, só a eliminaron”.

Implicación do PP

Ante esta situación, Candia esíxelles aos socialistas “máis seriedade, responsabilidade e implicación” á hora de traballar pola potenciación do sector turístico na provincia e precísalle ao Goberno que “non todo pode quedar nunha imaxe ou nunha promesa, sen feitos”.

 

Así, a popular reproba de novo que o Goberno da Deputación incumpra de xeito continuado os acordos plenarios e lembra que en maio de 2016 o Grupo Popular levou unha proposta para crear un ente de turismo que, “pese a ser aprobada por unanimidade, os socialistas decidiron desatender”. Por último, Candia lembra que que en decembro o seu Grupo presentou o seu plan estratéxico de turismo para a provincia ante “o abandono, a inactividade e a desgana ás que a Deputación de Lugo ten sometido ao sector”.