Partido Popular de Lugo

O PP de Sarria agradécelle a Xunta a licitación do contrato da primeira fase para a conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria

Sarria, 10 de febreiro de 2017.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria amosouse moi satisfeito polo recente anuncio da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia da licitación do contrato para a redacción do proxecto construtivo da primeira fase de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria.

 

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución do proxecto construtivo que contempla o desdobramento do corredor entre os enlaces de conexión de Sarria e A Pobra de San Xiao. Os populares poñen en valor que con este anuncio queda patente “unha vez máis” o compromiso do organismo autonómico coa nosa comarca e salientan que se trata do primeiro paso “dunha actuación moi esperada e necesaria”.

 

Desde o PP precisan que esta primeira fase afectará a un tramo comprendido entre o enlace da Pobra de San Xiao (PK 13+500 do actual corredor) e o enlace centro de Sarria (PK 24+000), cunha lonxitude de 11,5 km.

 

O orzamento de licitación deste contrato ascende a 243.255,25 euros e o prazo para o desenvolvemento dos traballos previstos será de 12 meses.

 

Dende o PP agradecen á Xunta de Galicia “a licitación dunha actuación que dotará dunha maior seguridade a unha das vías máis concorridas da provincia e que se todo vai sobre o previsto estará lista nun ano”.

 

Os veciños de Sarria, de noraboa

Os populares o-pp-de-sarria-agradecelleparti-a-xunta-a-licitacion-do-contrato-da-primeira-fase-para-a-conversion-en-autovia-do-corredor-nadela-sarriasalientan que “os veciños e veciñas de Sarria estamos hoxe de noraboa e un paso máis preto da conversión do corredor na esperada autovía”. Dende o PP engaden ademais que “unha vez máis demóstrase cál é o organismo está ao lado dos veciños e veciñas”.