Lugo, 7 de febreiro de 2017.- Olga Iglesias Fontal incorporouse hoxe á Delegación Territorial da Xunta en Lugo como xefa territorial da Consellería do Medio Rural.
Iglesias é licenciada e doutora en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, e ocupou distintos cargos de responsabilidade relacionados co medio rural, de feito, esta vinculada a esta consellería desde 1999, onde é funcionaria inspectora desde 2005. Durante o último ano desempeñaba a súa actividade na oficina veterinaria comarcal de Sarria. Tamén no Congreso –como deputada- foi voceira adxunta de Agricultura durante unha lexislatura.
A xefa territorial compaxinará as súas novas funcións coas de alcaldesa de Triacastela, un concello de base rural, para continuar coa encomenda que lle fixeron as súas veciñas e veciños, “ás que nin quero nin podo fallar”, sinalou.