Partido Popular de Lugo

JOSÉ MANUEL BALSEIRO MANTIVO UN ENCONTRO DE TRABALLO COA DEPUTADA E CONCELLEIRA JULIA RODRÍGUEZ

Lugo, 30 de xaneiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, recibiu á deputada e concelleira Julia Rodríguez, no marco da rolda de encontros oficiais que está a manter con distintos representantes e cargos públicos da provincia dende a súa toma de posesión.

 

A deputada e o delegado territorial intercambiaron opinións sobre asuntos de interese xeral que centran a actividade da Xunta e do Parlamento e que inciden en beneficio da provincia de Lugo.

 

Igualmente, a concelleira monfortina aproveitou a xuntanza para trasladarlle ao delegado varias cuestións de interese para o municipio de Monforte de Lemos.