Partido Popular de Lugo

O secretario de Estado de Educación inaugura mañá en Lugo o 1º congreso sobre Convivencia educativa organizado polo PP en Galicia

Lugo, 19 de xaneiro de 2017.- O secretario de Estado de Educación, Formación Profesional de Universidades, Marcial Marín, inaugurará mañá en Lugo o I Congreso sobre Convivencia no eido da Educación organizado polo Partido Popular en Galicia; e que contará coa presenza do máximo responsable do departamento educativo do Goberno galego e deputado autonómico, Román Rodríguez González.

 

Este I Congreso Congreso Provincial de Educación: “A convivencia no ámbito educativo”, congrega na cidade da Muralla a todos os conselleiros de Educación das CCAA gobernadas polo Partido Popular. O foro dará comezo mañá venres ás 17,00 horas e desenvolverase ata o sábado no restaurante Los Robles. Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia, pois, segundo os datos manexados polo Partido Popular, ata o de agora esta formación política non levou a cabo unha actividade destas características na Comunidade.

 

O obxectivo deste encontro radica na necesidade de coñecer de primeira man os problemas existentes no sector para darlles unha solución e ser un instrumento de colaboración con eles. Deste xeito, o simposio está aberto a pais, docentes e a calquera persoa que poida estar interesada.

 

Precisamente un dos intervintes vai ser o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, cuxo departamento está sendo pioneiro en iniciativas concretas a prol da mellora da convivencia nos centros educativos de Galicia. De feito Galicia foi a primeira CCAA do Estado en poñer en marcha, en 2013, o Protocolo para a prevención, detección e intervención en acoso e ciberacoso. E baixo o paraugas da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-20, “educonvives.gal”, a Comunidade Galega ten en marcha un conxunto de iniciativas neste eido dirixidas ao alumnado, aos docentes e ás familias, é dicir, ao conxunto da comunidade educativa. Cómpre recordar que Galicia tamén conta cun Plan de Igualdade nos centros educativos e, por primeira vez neste curso, ofertouse a materia de Igualdade de Xénero dentro das de libre configuración autonómica.

 

Ademais de Román Rodríguez, participarán reputados profesionais do sector e importantes dirixentes políticos do Ministerio e da Xunta de Galicia. Neste senso, logo da inauguración, ás 18:00 horas, o secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Marcial Marín Hellín, ofrecerá o relatorio “O pacto educativo”. Ás 19:45 horas, o secretario Xeral Técnico da Consellería de Cultura, Jesús Oitavén Barcala, impartirá a charla “A xénese das normas sobre a convivencia escolar”, mentras que, ás 20.45 horas, a responsable do Servizo de Coordinación Administrativa e Apoio Normativo da Xunta de Galicia, Patricia BriónCabanelas, explicará as “Distintas perspectivas da responsabilidade do profesorado”. A xornada rematará cun coloquio, que se desenvolverá a partires das 21:00 horas.

 

O día 21, o Congreso dará comezo ás 10:00 horas, coa participación do vicepresidente do Consello Escolar de Galicia, Fernando Del Pozo Andrés, quen disertará sobre “A convivencia escolar: unha cuestión de todos”. Seguidamente, ás 12:00 horas, o tenente fiscal da Fiscalía Provincial de Lugo (Fiscal de Menores) exporáos “Aspectos xudiciais da problemática dos adolescentes e xóvenes”. A clausura terá lugar ás 13:00 horas.

 

Intenso traballo

A organización deste congreso non é unha actividade illada dentro das liñas estratéxicas do Partido Popular que dirixe Elena Candia, senón que complementa o traballo que se leva facendo este campo nos últimos meses. Como exemplo deste i importante e intenso labor foron as reunión mantidas con 14 asociacións da provincia relacionadas con este sector ou o Foro de Educación celebrado no pasado mes de maio.