Partido Popular de Lugo

Importantes profesionais e dirixentes do Ministerio e da Consellería de Educación abordarán en Lugo a convivencia no eido educativo

  • Será grazas ao I Congreso Provincial sobre esta materia que organiza o Partido Popular; unha iniciativa pioneira en Galicia, “pois, ata o de agora, o noso Grupo non levou a cabo unha actividade destas características, coa que pretendemos coñecer os problemas existentes na comunidade educativa para darlles unha solución e ser un instrumento de colaboración con eles”, subliña Elena Candia

 

  • No encontro, aberto a calquera persoa que poida estar interesada, establecerase un diálogo en todas as materias baixo o prisma dos pais, alumnos e docentes, “sexan estes, engadiu o coordinador do mesmo, do color político que sexan”. “Queremos ser útiles, e isto pasa pola integración, non pola exclusión”, indica

 

  • A inauguración correrá a cargo do conselleiro de Cultura, e entre os relatores destacan o secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades ou o tenente fiscal da Fiscalía Provincial de Lugo

 

  • A inscrición e gratuíta e poderá facerse vía telefónica e telemática ata o día 19 de xaneiro. O Congreso desenvolverase os días 20 e 21 no Hotel Los Robles

 

A presidenta do Partido Popular, Elena Candia, acompañada do coordinador da Mesa Sectorial de Educación de Lugo, Javier Vázquez, da ex conselleira de Familia, Manuela Besteiro, do responsable de Novas Tecnoloxías, Manuel Antonio Fernández, e das integrantes da Xunta Directiva Provincial, Remedios González e María José Gómez, anuncian a celebración do I Congreso Congreso Provincial de Educación: “A convivencia no ámbito educativo” que se desenvolverá os días 20 e 21 de xaneiro no restaurante Los Robles.

 

Trátase, tal e como subliña a responsable do PP na provincia, dunha iniciativa pioneira en Galicia, “pois, segundo os datos que manexamos, ata o de agora o noso Partido non levou a cabo unha actividade destas características na Comunidade”. “O que pretendemos, engade Elena Candia, é coñecer de primeira man os problemas existentes no sector para darlles unha solución e ser un instrumento de colaboración con eles”.

 

Deste xeito, a dirixente provincial destaca que dito encontro dá continuidade “ao intenso labor” que vén desenvolvendo o Partido Popular en todo o Estado. Proba delo, lembra, é a Ponencia de Educación, Innovación e Cultura que o Grupo levará ao seu próximo Congreso Nacional, e que se apoia nos principios de “equidade, calidade e liberdade”, porque sin eles, sinala, “nin España, nin Galicia, nin a provincia terán un sistema educativo referente”.

“Debemos ir ao Pacto de Estado que dende o PP buscamos no Congreso, co fin de deixar unha ampla herdanza da que se poidan nutrir as vindeiras xeracións. Por iso, é importante este Congreso. Queremos escoitar a todas as partes implicadas, é dicir, ás institucións con competencias na materia como a Xunta de Galicia ou o Ministerio, aos pais e aos mestres”. Trátase, en última instancia, conclúe, “de seguir mellorando as políticas levadas para que os nosos alumnos poidan competir nun mercado global e que Galicia siga sendo, como evidencia o último informe PISA, unha das rexións mellor situadas en materias tan relevantes como as matemáticas a lectura ou as ciencias”.

 

Aberto a todo o mundo”

 

Na mesma liña, o coordinador da Mesa Sectorial defende a necesidade deste encontro para “coñecer os problemas reais da Educación, escoitando a todos e a todas e buscar un consenso que redunde no beneficio dos alumnos”. Deste xeito, explica que se trata dun simposio que “está aberto a todo o mundo, no que estableceremos un diálogo en todas as materias baixo o prisma dos pais, alumnos e docentes, sexan estes do color político que sexan. Queremos ser útiles, e isto pasa pola integración, non pola exclusión”.

Javier Vázquez matiza, asemade, que esta non é unha actividade illada, senón que complementa o traballo que dende o Partido se leva facendo neste campo nos últimos meses. Como exemplo deste importante e inteso labor cita as reunións mantidas con 14 asociacións da provincia relacionadas con este sector e o Foro de Educación celebrado no pasado mes de maio.

 

Programa do encontro

 

O Congreso dará comezo o día 20, ás 17:00 horas, coa inauguración do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González. Ás 18:00 horas, será a quenda do secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Marcial Marín Hellín, quen ofrecerá o relatorio “O pacto educativo”. Ás 19:45 horas, o secretario Xeral Técnico da Consellería de Cultura, Jesús Oitavén Barcala, impartirá a charla “A xénese das normas sobre a convivencia escolar”, mentras que, ás 20.45 horas, a responsable do Servizo de Coordinación

 

Administrativa e Apoio Normativo da Xunta de Galicia, Patricia Brión Cabanelas, explicará as “Distintas perspectivas da responsabilidade do profesorado”. A xornada rematará cun coloquio, que se desenvolverá a partires das 21:00 horas.

O día 21, o Congreso dará comezo ás 10:00 horas, coa participación do vicepresidente do Consello Escolar de Galicia, Fernando Del Pozo Andrés, quen disertará sobre “A convivencia escolar: unha cuestión de todos”. Seguidamente, ás 12:00 horas, o tenente fiscal da Fiscalía Provincial de Lugo (Fiscal de Menores) exporá os “Aspectos xudiciais da problemática dos adolescentes e xóvenes”. A clausura terá lugar ás 13:00 horas.

 

A inscrición é gratuíta e poderá realizarse ata o 19 de xaneiro a través do número de teléfono 982 242 811 ou vía telématica, na web www.ppdelugo.es e enviando un correo electrónico a ComisiondeEducacionPPdeLugo@gmail.com.

Descargar adjunto