Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP asegura que a Deputación “falta á verdade” e confunde ter as máquinas do parque móbil no polígono de Mondoñedo aparcadas con traballar

Lugo, 11 de xaneiro de 2017.- O Grupo Provincial do PP sae ao paso das explicacións dadas pola Deputación de Lugo sobre a parálise no parque móbil e asegura que o equipo de Goberno “falta á verdade” e confunde ter as máquinas no polígono de Mondoñedo aparcadas con traballar.

 

“Comprobamos que as máquinas estaban paradas no polígono de Mondoñedo cando se acumulan as peticións dos concellos que non están a ser atendidas. A Deputación pon o foco nos traballadores, cando nós defendemos os seus dereitos, ao tempo que lles pedimos aos responsables políticos que garantan que o servizo se presta nas condicións adecuadas, posto que é a señor Campos a quen lle corresponde velar por este cumprimento”, precisan.

 

Os populares desvelan ademais que nos últimos meses existen numerosas peticións de diferentes concellos para dispor da maquinaria e dos profesionais que se ocupan do seu manexo e que sempre foron negativas. “De pouco nos vale que paseen as máquinas pola provincia se realmente non atenden ás demandas que se lles plantean”. “A escusa de que traballan nas estradas tampouco nos vale, posto que para iso existe un presuposto propio para conservación e mellora”, engaden.

 

Así, desde o PP sosteñen que desde o 16 de decembro esa maquinaria está aparcada e ociosa sen que o goberno provincial sexa capaz de "optimizar los recursos que ten á súa disposición”.