Partido Popular de Lugo

O PP de Sarria esíxelle á alcaldesa que pida perdón aos empresarios que puxo en dúbida, tras coñecerse que a Fiscalía arquiva as dilixencias abertas contra o SEPES

Lugo, 04 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria esíxelle á alcaldesa, a socialista Pilar López, que “pida perdón aos empresarios que puxo en dúbida”, tras coñecerse que a Fiscalía vén de arquivar as dilixencias abertas contra o Sepes, entidade estatal do suelo dependente do Ministerio de Fomento.

 

Dende o PP recordan que o 23 de decembro do 2015 o Concello sarriano acordou en xunta de goberno local e a proposta da alcaldía, dirixirse á Fiscalía para que ordenase ao Sepes a dar información sobre as parcelas do polígono industrial de O Morelle que estaban sen edificar. O goberno local quería coñecer que empresas “incumprían a normativa” e quería saber si se “produxo algún tipo de venta irregular de solares”. “Deste xeito, dona Pilar puxo en dúbida, sen rexerse por ningún tipo de criterio obxectivo, a labor desempeñada polo Estado, polos técnicos municipais e polos propios empresarios e titulares do suelo industrial de Sarria”, precisan os populares.

 

Agora vén de coñecerse que a Fiscalía arquiva as dilixencias abertas e resolve que os feitos denunciados fai un ano polo Concello “non son constitutivos de delito penal” polo que non ve “ningún tipo de actuación que non se axuste á lei”.

 

Diante deste informe os populares consideran que “unha vez máis” a alcaldesa actuou con irresponsabilidade e esíxenlle que “pida desculpas de inmediato aos empresarios aos que puxo en dúbida sen ningún tipo de rigor”.

 

Graves acusacións que danan a imaxe da vila

 

Dende Grupo Municipal de Sarria consideran “moi graves” as acusacións vertidas pola rexedora “e que agora, con este informe da Fiscalía, veñen de desmontarse”. Os populares consideran ademais que o único que conseguiu a alcaldesa foi “xerar un enorme malestar entre o tecido industrial e produtivo de Sarria e danar a imaxe da vila”.

 

“O actual goberno local dedícase a perxudicar aos sarrianos en vez de negociar con Sepes e tratar de sacar acordos positivos para o noso municipio”, lamentan os populares. E recordan que “no que vai de mandato non se moveu nin un dedo por parte do Concello para impulsar a creación de suelo industial na vila sarriana”, conclúen.