Partido Popular de Lugo

O PP de Sarria apoia a contratación dunha póliza sanitaria privada para os traballadores municipais “sempre e cando non sexa a cambio dos dereitos de outros empregados”

Lugo, 28 de decembro de 2016.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria levará ao pleno da corporación unha moción para apoiar a contratación dunha póliza sanitaria privada para os traballadores municipais “sempre e cando se respecten os dereitos de todos os empregados e non sexa a cambio dos dereitos de outros”, precisan.

 

Dende o PP apoian deste xeito o escrito presentado fai apenas unhas semana por unha ducia de traballadores adscritos obrigatoriamente ao MUNPAL antes do 1993. En dito documento reflíctese que a proposta da alcaldesa, a socialista Pilar López, “lesiona e atenta claramente contra os seus dereitos”.

 

O voceiro popular, José Antonio García, explica que “non temos inconvinte en que se concerte unha póliza sanitaria cunha compañía privada para os traballadores municipais, pero os cambios propostos pola alcaldesa lesionan claramente os dereitos adquiridos por unha ducia de empregados no ano 1993”.

 

García defende que a cobertura social que manteñen os 12 traballadores más antigos do Concello é “totalmente legal” e debe extinguirse “cando finalice a súa vinculación cos servizos municipais, é decir, cando cheguen á xubilación e non cando o estableza a actual alcaldesa”, precisa.

 

Unha alcaldesa irresponsable

 

Os populares lamentan que se poña de manifesto “unha vez máis” a irresponsabilidade da alcaldesa que o único que pretende “é provocar o enfrontamento entre os traballadores municipais, o que perxudica claramente os intereses dos sarrianos e sarrianas”. Ademais instan á rexedora a que “en vez de xerar polémicas se dedique a arranxar os problemas reais da localidade”.